blogue demanuelpousa

Historia das drogas (II)

Rosalía fixo esta presentación, máis breve pero con imaxes interesantes

A pesca en España

La pesca en España
View more presentations from manuelpousa
Unha presentación completa, que incluía unha explicación detallada. Falta texto, pero visualmente é agradable.

Historia das drogas

Breve historia de las drogas
View more presentations from manuelpousa
Un tema pedido polos alumnos. Opio, heroína, cocaína e alcohol. Consumo, producción, distribución, I+D, etc. a min gústame a selección de imaxes e a claridade.

El anarquismo-Callejeros en Mugardos (según Iván y Mariño)

Mariño e Iván volven a sorprender cun vídeo entretido, dinámico e cun bo nivel. Prometen amplialo e mencionar a Bakunin, Kropotkin, a CNT e o terrorismo. Non perdades a canción final e ese Tolstoi tan particular. Un vídeo moi pouco educativo pero que dá gusto ver.

Traballo Nadal

Para estas vacacións debedes facer un video individualmente ou en grupo acerca dunha das seguintes cuestións: as revolucións de 1830, as de 1848, o anarquismo, o comunismo (marxismo), a expansión da democracia na Europa do XIX, a loita polos dereitos da muller antes de 1914 e a unificación alemana ou a italiana.

Os videos deberán ter banda sonora da época (non exclusivamente), ofrecer algunha fonte primaria (texto escrito na época),  usar como base o libro de texto (para facer as liñas xerais), incluir anécdotas, imaxes do período, obras arquitectónicas e biografías. Debe indicarse a procedencia do material. Os videos poden facerse como querades, aconsello os tres modelos ensinados na aula: con carteles, con bonecos ou con escenificacións (ou combinación de todas).

Avaliarei a calidade da información, a entrega en plazo, a calidade do son, a amenidade, a duración, o número de membros do grupo e a duración. Espero que o pasedes ben facéndoo.

O nacemento dunha futura gran potencia. De colonia a metrópole. Brasil

Pedro I do Brasil, en Power Point. Con moito tráfico interatlántico e a terrible presenza da morte. Un bo traballo de Moabe Sales, que levou moi boa nota.

Traballos para o Nadal: Arte 3

Third and last video. We´ve seen the picture last year in history class. Hope you like it.

Traballos de Nadal: Arte 2

Para facer o mesmo que coa Primavera. Unha obra maestra.

Traballos de Nadal: Arte 1

Para resumir nunha carilla e media/dúas con boa letra e unha análise crítica ben razoada e con máis de catro liñas de extensión. A obra é moi coñecida e foi popular outros anos. Espero que vos guste.

 

Trabalos de Nadal: Arte 1

Para resumir en carilla e media-dúas, engadindo un comentario crítico ben pensado que pase das catro liñas. É unha obra moi popular, que outros anos gustou. Espero que a vós tamén

http://youtu.be/0PPxEvsmBok

Que é un acuifero?

Non só explica con imaxes preciosas que é un acuífero a través do exemplo do Campo de Montiel, senón sistemas de regadío, rede fluvial, etc. Vémolo en clase.

A escultura románica

Un pouco extenso, pero bo para estudar e ver moitas imaxes

Unha portada románica: Conques

As imaxes dino case todo. Moi ameno (algo tenebroso). Traducímolo en clase.

http://youtu.be

O Pórtico da Gloria

Cólgovos os mellores videos que vimos en clase. Empezo pola conferencia. Moi boa para repasar, aínda que non vos gustase.

Política e infraestructuras: un debate en torno ó porto exterior da Coruña

Lede o artigo que se sinala máis abaixo, buscade un par de artigos/videos sobre a cuestióne e elaborade un informe. Indicade as fontes de información de forma detallada (qué ven de onde). Agradécense imaxes e gráficos.

http://politica.elpais.com/politica/2011/11/18/actualidad/1321648297_721...

A dta de entrega será o martes 13. Cada día de retraso terá un punto de penalización.

Profundizar no horror de Hiroshima

Para quen quiera saber máis (e, se rentabiliza o seu tempo, facer un traballo):

Para quen bussque perspectiva histórica (e mellor nota), buscade sobre a masacre de Nankin ou vede a película chinesa (rodada segundo a escola de Salvar al soldado Ryan) Ciudad de vida y muerte.

Profundizar no horror de Hirishima

Si queredes ver outra vision (terrible) da mesma historia (e entregar un informe o  que quiera rentabiliza lo traballo):  

E quen quera un debate con perspectiva, que busque qué foi a masacre de Nanking (pódese ver a peli <em><strong>Ciudad de vida y muerte, chinesa pero ó estilo Spielberg.

Unha visión parcial do bombardeo atómico?

As preguntas xa as dictei na clase. Para o mércores 7 (os 5 videos). Moi importante ver o final.

Versión cañera da Revolución Industrial

Lynyrd Skynyrd, Herdeiros, CCR, Rage against the machine entre outros explicando o nacemento e evolución da máquina de vapor. Moi motivador,  nótase que o pasaron ben e non se esqueceron de empregar contidos de nivel. é sinalable o uso de texto, música, retratos,video, presentacións individuais e en parella semi-dialogadas.

 

É un pouco difícil, pese á preocupación didáctica (explicación da máquina en si) e algunha toma non é falsa (creo eu)

A explotación infantil na Revolución Industrial

Un traballo bonito de ver, ben presentado, con imaxes motivadoras, cun interesante plantexamento por preguntas, e cuestións ben plantexadas .Mellorable o uso de anécdotas e exemplos, o entusiasmo de Alba e Andrea (esa man...) e a explicación das imaxes.

Cancións para 4º de ESO

<iframe width="560" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/AQiEkv4leAw" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Distribuir contido