No pavillón con Pedro CanteroActividade física total |
blogue depcanteroc
Recoñecemento primeiro reto do Camiño Inglés
Enviado por pcanteroc o Sáb, 11/03/2023 - 14:05Este venres entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os primeiros 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos.
Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao segundo reto xa en marcha.
Torneo XOGADE de fútbol sala fenimino
Enviado por pcanteroc o Dom, 22/01/2023 - 13:08O xoves 19 de xaneiro tivo lugar o comezo do torneo feminino de fútbol sala organizado polo programa XOGADE. As nosas rapazas competían nos cursos de primeiro e segundo da ESO formando dous equipos con mestura de idades. As alumnas do IES Mugardos estiveron practicando e formando equipo durante as semanas previas aproveitando os recreos para xogar ao fútbol no pavillón. Nestes momentos foron coñecéndose e formando amizades. Chegou o día, a primeira sede foi no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en Monfero. Durante a viaxe en autobús ata o instituto as alumnas aproveitaron para ir quentando...a voz. Un concerto en homenaxe a Shakira cantando todos os seus temas especialmente o tema dedicado a Piqué...notábase o bo ambiente entre as nenas e as gañas de falar de fútbol. Unha vez no pavillón do instituto as nosas rapazas abriron o torneo xogando elas. A entrega, as ganas de xogar e as caras de felicidade deixaban clara a ilusión que tiñan por participar neste evento. Os resultados son o de menos xa que o obxectivo era fomentar o deporte feminino e forxar amizades entre elas, aínda así gañáronse varios partidos polo bo facer das alumnas. Quedamos á espera do seguinte evento que enfrontará ás alumnas do IES Mugardos coas alumnas do IES As Mariñas de Betanzos e do IES Breamo de Pontedeume. Ata o momento gran ambiente e moi bos recordos os vividos, oxalá este tipo de eventos expándase e a todos “nos salpique”. |
Proxecto de vida activa e deportiva (Curso 2021-2022)
Enviado por pcanteroc o Lun, 20/06/2022 - 19:57Ruta a pé
Enviado por pcanteroc o Mér, 21/04/2021 - 17:54
Ruta a pé, toda a tarde do martes 20 e abril, na que participou o alumnado de 1.º Bacharelato A e C; 4.º ESO B e 2.º ESO. Camiñata de convivencia e exercicio saudable.
Ruta cicloturista (4.º ESO)
Enviado por pcanteroc o Lun, 05/04/2021 - 18:00
O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.
Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.
Carreira de orientación deportiva
Enviado por pcanteroc o Lun, 08/03/2021 - 13:18Pautas fin de curso
Enviado por pcanteroc o Mar, 05/05/2020 - 19:11PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.
O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):
- Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
- Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
- Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.
Outra información de interés:
· Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.
· O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!
Educación Física (Bacharelato)
Enviado por pcanteroc o Ven, 20/03/2020 - 12:471º- Bacharelato | 2.º Bacharelato | |
Tarefas de reforzo e profundización no curso da aula virtual do IES Mugardos. Na espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El amor en los tiempos del cólera”. Nesta aula solicítanse tarefas que contribúen ao reforzo dos contidos do nivel educativo e á súa aplicación práctica. | Materiais formativos e de traballo no curso da aula virtual do IES Mugardos. Á espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El baile de la victoria”. Tarefa interdisciplinar con varias tarefas intermedias de entrega secuenciada, aplicable á situación actual. |
https://classroom.google.com/u/0/h
Educación Física (3.º e 4.º ESO)
Enviado por pcanteroc o Ven, 20/03/2020 - 12:40Tarefas na aula creada en classroom (entran a través do seu correo de Gmail, de Google), cunha aula creada para cada un dos niveis educativos onde xa teñen tarefas asignadas: “Sesións Complementarias” (que en breve cambiará de nome, axustándose a cada grupo).