Documentación:
|
blogue deadmin
Solicitude de matrícula na Educación Secundaria de Adultos (ESA)
Enviado por admin o Dom, 14/06/2015 - 19:51IV Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 11/06/2015 - 18:29
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)
1.º Premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por admin o Lun, 08/06/2015 - 21:11
|
1.º Premio - Bacharelato V Concurso Incubadora de sondaxes e experimentosda Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación das Operacións (SGAPEIO) para o alumnos Marcelo Couce, Alba Meizoso, Martín Pérez e Sergio Vila dirixidos pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes. O traballo leva por título Rendemento escolar e condutas de risco. Unha investigación en estudantes de secundaria. É un dos dous proxectos xurdidos na matería de Métodos Estatísticos (2.º Bac) e que se basean no grande estudo estadounidense Youth Risk Behavior Surveillance System (YRSS) traducido e adaptado á nosa comunidade educativa. O outro traballo títúlase Un estudo comparativo de comportamento de risco da xuventude. USA vs Mugardos e foi realizado por Jessica Casteleiro, Fátima Díaz, Yaiza Loureiro e Laura Ordóñez.
Galería de imaxes
|
|
Premios de audiovisual escolar Olloboi
Enviado por admin o Dom, 31/05/2015 - 19:24Unha boa representación do equipo de gravación da curtametraxe "Sen batería" asistiu á gala de entrega dos premios Olloboi de audiovisual escolar celebrada este sábado en Boiro. Aínda que non resultamos gañadores nas categorías nas que o noso vídeo seleccionado, foi unha grande experiencia. Parabéns, equipo!!!
Excursión a Santiago de Compostela (3.º ESO e Clubs de Lectura)
Enviado por admin o Sáb, 30/05/2015 - 16:50Este venres o alumnado de 3.º ESO e máis os Clubs de Lectura realizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Durante a mañá, repartidos en varios grupos, desenvolveron unha actividade de capturas fotográficas pola cidade vella. Mentres tanto, os do club de lectura visitaron a Biblioteca Ánxel Casal e acheegáronse ata a libraría Couceiro onde recibiron explicacións sobre a confección e encadernación clásica de libros.
Pola tarde, realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. O guía de honor foi tamén un mugardés e ex-alumno do centro Daniel Castro.
![]() |
![]() |
Recollida dos tapóns solidarios
Enviado por admin o Mér, 27/05/2015 - 21:13![]() |
![]() |
AS.PA.NE.MI é a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías que apoia a campaña de recollida de tapóns solidarios para Alba. Trátase dunha rapaza de 17 anos con orixe familiar na nosa comarca que padece unha enfermidade chamada ataxia-telangectasia (Ver información en AEFAT).
Esta mañá, a presidenta de AS.PA.NE.MI, Monse Fraga e Mari viñeron buscar os tapóns recollidos ao longo do curso na entrada do instituto e contáronnos como vai a campaña "Alba la promesa". Ademais de agradecer a todas as familias a súa solidariedade e animar a todos a participar co pequeno xesto dun tapón, explicáronos cuestións sobre a reciclaxe do plástico.
No último tráiler enviado á planta de reciclaxe sumaron máis de dez toneladas de plástico. Todo un récord de peso debido ao traballo de selección e limpeza que realiza a propia avoa de Alba e moitos colaboradores. O prezo foi de 250 euros e o total recadado destínase a sufragar a consulta e o tratamento experimental cun especialista.
Por último, enterámonos que recentemente Alba foi operada nun nocello e de momento non pode asistir ás clases no seu instituto. Desde aquí enviámoslle un afectuoso saúdo e algúns quilos de tapóns co cesexo de que se recupere axiña.
1.º ESO
Despedida de 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Sáb, 23/05/2015 - 13:09O pasado venres 22 de maio celebramos a tradicional despedida de 2.º bacharelato nas dúas modalidades científica e humanística que se imparten no centro. O acto, organizado polo propio alumnado coa presentación de Sergio Vila e as actuacións musicais de Javier Maceiras e Iria Regueiro. Ademaios contou coa intervención dos profesores titores Fran Canoura e Dina Asensio, asi coma o visionado das imaxes do paso polo centro e excursións dos alumnos. Tamén serviu como acto de entrega dos boletíns académicos e mención das dúas Matrículas de Honor concedidas este ano.
En todos os sentidos foi unha grande promoción pola súa excelencia académica e trato humano que deixa unha fonda pegada do seu paso polo instituto.
Parabéns, bachareis!!!
Enquisa sociolingüística - FAMILIAS
Enviado por admin o Dom, 17/05/2015 - 12:33
A semana do 18 ao 22 de maio recolleremos o cuestionario |
|
Grazas pola súa colaboración
Feira das Matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 16/05/2015 - 22:54Alumnos de 3.º ESO coa profesora Covadonga Rodríguez-Moldes atenderon o stand do noso instituto na Feira da Matemáticas, celebrada este sábado na Coruña. Coa particiàción do público conseguiron realizar a 5.º interacción da alfombra de Sierpinski.
![]() |
|
A voz de Ferrolterra
Enviado por admin o Sáb, 09/05/2015 - 23:31Orgullosos de Javier Maceiras (1.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o primeiro posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns tamén a Iria Regueiro que actuou como artista invitada.
1.º Premio e finalistas do Emprende Ferrolterra Xove, 2015
Enviado por admin o Ven, 08/05/2015 - 21:57
1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra na categoría de bacharelato ao proxecto empresarial Asemade, quedou finalista o proxecto Traveling Objects Parabéns a todos os participantes e a Mara Meiriño,
|
Proxecto 25 de abril
Enviado por admin o Lun, 04/05/2015 - 21:57O boletín da biblioteca da Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira (ESARS) dá conta das actividades do Proxecto 25. Trátase dun programa de colaboración entre os departamentos historia dos dous centros para a abordaxe didáctica da historia contemporánea a partir da conmemoración do 25 de abril en Portugal.
Por segundo ano, o alumnado de 1º. BAC viaxou a Lisboa, concretamente ao concello do Seixal na marxe esquerda do río Tejo, e ademais de varios actos de convivencia puido realizar unha visita guiada ao Forte de Peniche, asistir ao concerto do grupo Buraka Som Sistema e ter a vivencia da cidade de Lisboa no día sinalado do 25 de abril.
Nesta ocasión, un profesor do departamento de lingua galega continuou a estancia en Portugal a cargo de fondos europeos incluídos nun programa de mobilidade Erasmus+. O plan de traballo incluíu a presenza en aulas de lingua e literatura portuguesa e varios encontros con intercambio de experiencias e estudo da posibilidade de establecer no noso instituto a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira.
25 de abril en Portugal (Viaxe de 1.º BAC)
Enviado por admin o Sáb, 25/04/2015 - 02:16O alumnado de 1.º BAC da modalidade de Humanidades e algúns de ciencias, está a pasar estes días no concello de Almada, localidade veciña de Lisboa, na marxe esquerda do río Tejo. A viaxe organizada polo departamento de Xeografía e Historia encádrase nun proxecto de irmanamento coa Escola Secundária Alfredo Silveira dos Reis (Torre da Marinha-Seixal). Entre as actividades previstas están o paseo pola capital lisboeta, unha visita ao penal do castelo de Peniche guiada polo histórico dirixente Álvaro Pato; e a asistencia a varios actos de celebración do 25 de abril.
Camiño de Santiago (1.º BAC.)
Enviado por admin o Mér, 22/04/2015 - 17:27Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 18:04O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.
Campionato provincial de Orientación
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 17:35![]() |
|
O pasado xoves participamos no Esta disciplina deportiva está a ser todo un Salientamos a obtención de medalla de Parabéns a todos e todas. |
Explícoche matemáticas 2.0
Enviado por admin o Dom, 12/04/2015 - 23:15Estes son os catro vídeos presentados ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0, realizados polo alumnado do IES de Mugardos.
Olimpíada de Economía
Enviado por admin o Sáb, 11/04/2015 - 23:21As alumnas de 2.º Bacharelato Verónica González, Fátima Díaz e Yaiza Loureiro participaron o pasado 9 de abril na Olimpíada Galega de Economía que tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.
Merecen un enorme recoñecemento xa que nestas datas están a enfrontar a recta final do curso, con moitos exames e moito estrés. E aínda así empregaron toda unha longa tarde nesta actividade. Parabéns polo esforzo adicado.
Circular sobre a folga estudantil (24 de marzo)
Enviado por admin o Ven, 20/03/2015 - 19:28Preme na imaxe ou abre o arquivo adxunto.
NOTA IMPORTANTE: Os exames fixados para o martes, 24 de marzo, adiáronse maioritariamente para o luns anterior e uns poucos para o mércores e xoves.
Eclipse parcial de sol do 20 de marzo
Enviado por admin o Mér, 18/03/2015 - 00:12Durante a vindeira mañá do venres 20 de marzo, poderemos observar unha eclipse parcial de Sol. Os datos básicos para os concellos de Mugardos e Ares son os seguintes:
- Comezo: 9:06 horas
- Máximo: 10:09 horas
- Remate: 11:18 horas
- Duración: 2 horas e 12 minutos
- Magnitude: 0,80
- Escurecemento: 76%
Ese día non haberá clase ao ter a consideración de festivo na comunidade autónoma de Galicia. Recomendamos aproveitar a xornada para profundizar en todos os conceptos científicos e valoracións que suscita este fenómeno. Sen esquecernos de tomar todas as medidas de precacución necesarias, máis se temos menores ao noso cargo. Como en calquera día, non pode observarse o Sol directamente: nin con aparellos, nin filtros nin a simple vista.
Máis información:
- Instituto Geográfico Nacional
- Gciencia
Primeira reunión para os Premios Estudo e Deporte
Enviado por admin o Mar, 17/03/2015 - 20:10O pasado martes reuniuse a Comisión dos Premios Estudo e Deporte para botar a antar a cuarta edición desta iniciativa que ten por finalidade promocionar a actividade física e valorar o esforzo dos nosos estudantes no eido académico e deportivo. Na convocatoria participaron os representantes dos Concellos de Mugardos e Ares, do Club de Remo, a SDC Galicia de Mugardos, a ANPA e mais do instituto coa presenza por primeira vez do sector do alumnado.
Entre todos puideron valorar as propostas de modificación das bases e o procedemnento do baremo. Asemade, aprobouse a listaxe de participantes que neste curso ascede a 120 matriculados no instituto que practican deportes ou actividades físicas regulamentadas. Deste xeito, están implicados 31 clubs e asociacións da comarca que contan cun gran número de adestradores e adestradoras cuxo labor resulta imprescindible. Por iso, a Comisión decidiu dedicar o acto da entrega dos Premios Estudo e Deporte a enxalzar a figura dos adestradores.
![]() |
Visita a centros de FP en Ferrol
Enviado por admin o Xov, 12/03/2015 - 21:31O alumnado de bacharelato visitou este xoves, 12 de marzo, as instalacións de varios centros de FP de Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha e CIFP Ferrolterra. Deste xeito puideron coñecer a oferta educativa de diferentes familias profesionais.
Parlamento Xove, 2015
Enviado por admin o Dom, 08/03/2015 - 20:46Boa participación na edición deste ano do Parlamento Xove, a competiciòn de oratoria patrocinada pola Direccón Xeral de Xuventude.
Aínda que quedamos ás portas de clasificación para a final, tanto o equipo da ESO como o de Bacharelato acadaron moi boas puntucións nos debates. Parabéns aos participantes e coordinadores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogue deadmin Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)