blogue deadmin
Presentación e posta en marcha da impresora 3D do instituto
Enviado por admin o Sáb, 05/03/2016 - 10:01Xubilación do condutor Juan Permuy, Bolita
Enviado por admin o Sáb, 05/03/2016 - 00:04Con motivo da súa xubilación, despedimos esta mañá ao condutor Juan Permuy, máis coñecido por todos como Bolita. El foi, hai xa 25 anos, o primeiro condutor do instituto e este venres realizou o derradeiro servizo para o IES de Mugardos na ruta que diariamente percorre o concello de Ares.
Como profesional acumula unha longa traxectoria no transporte metropolitano de Ferrolterra que de seguro o fai un dos condutores máis coñecidos e entrañables. No nome de todas as xeracións que estudaron e viñeron ao instituto con Bolita ao volante, feliz xubilación.
Condutores do transporte escolar
Programa municipal para o Día Internacional da Muller (8 de marzo)
Enviado por admin o Xov, 03/03/2016 - 23:59Carreiras de orientación
Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 21:49As tardes dos martes, por grupos, o alumnado de Educación Física está practicando polas rúas de Mugardos a modalidade deportiva de orientación. A actividade culminará coa participación do centro no Campionato escolar provincial a finais do proximo mes de marzo.
![]() |
|
|
![]() |
Circular e autorizacións para a actividade do 8 de marzo
Enviado por admin o Mar, 23/02/2016 - 14:06
Entregada a todos os grupos Contén, asemade, a autorización
|
Novo acceso ao instituto
Enviado por admin o Mér, 03/02/2016 - 23:48Desde comezos deste ano, coa apertura da rúa do Centro de Interpretación Arqueolóxica do Caldoval, cumpriuse unha das demandas históricas do instituto para a mellora da seguridade vial. O novo acceso realízase, polo momento, con dirección única desde a estrada do cemiterio.
Mención de Honra na Olimpíada Matemática 2016
Enviado por admin o Lun, 01/02/2016 - 20:49
|
Miguel Pereira Rodríguez Mención de Honra na |
Transformando imaxes: anamorfose (Programa de Excelencia)
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 22:33Este luns, 1 de febreiro, ás 16:20 horas, dará comezo o programa "Escala na Escola". A primeira sesión correrá a cargo da profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes que explicará o concepto de anamorforse aplicada de xeito práctico á transformación de imaxes. Ademais do grupo seleccionado, a entrada está aberta a outras persoas de dentro ou fóra do instituto que o soliciten.
Obradoiro para a aprendizaxe de traballo en equipo
Enviado por admin o Ven, 29/01/2016 - 22:50Alunm@s de 4° de ESO e de 1° de Bacharelato tiveron hoxe venres 29 de xaneiro un obradoiro para aprendizaxe do traballo en equipo, patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.
Renovación do equipamento informático
Enviado por admin o Sáb, 23/01/2016 - 22:12A ANPA "O Castro" vén de realizar unha doazón ao centro para a actualización do equipamento do centro consistente na adquisición de oito monitores para a Aula de Informática e dous ordenadores: un para a Aula 5 e outro na Sala de Profesores.
Este investimento únese á dotación da Consellería de cinco kits dixitais (portátil, canón e pizarra dixital) instalados durante as vacacións de Nadal.
Ademais, tamén se actualizou recentemente o cableado da liña telefónica que nas próximas semanas se concretará no cambio do número de teléfono do centro.
Charlas temáticas
Enviado por admin o Ven, 22/01/2016 - 23:51Alimentos transxénicos, a solución? (Venres, 22 de xaneiro)
No marco das actividades ofrecidas pola USC, os alumnos de bacharelato científico puideron asistir esta semana á conferencia impartida por profesores da facultade de Física sobre a enxeñaría xenética.
Educación viaria (Martes, 19 de xaneiro)
O alumando de 1.º e 2.º ESO asistiu o luns a un enconto con persol da DDG no que tiveron oportunidade de recibiri unha chea de información e preguntar sobre asuntos de seguridade vial.
Acrobacia e matemáticas (XXVIII Open matemático)
Enviado por admin o Mar, 12/01/2016 - 00:26![]() |
Comeza un ano máis o concurso matématico denominado OPEN Matemático, organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.
O concurso este ano ten como lema ACROBACIA E MATEMÁTICAS.
|
Cesta de Nadal: 1669
Enviado por admin o Lun, 21/12/2015 - 17:16![]() |
Este luns entregamos a cesta de Nadal * * * As catro últimas cifras do número 1669 |
Mayte
Enviado por admin o Sáb, 19/12/2015 - 19:27O último día de clase do ano 2015 tamén despedimos a estimada profesora de Lingua Castelá e Literatura Mª. Amada Pernas. Mayte, para todo o IES de Mugardos, acada a xubilación logo de vinte e catro anos de traballo neste centro. En diferentes actos, desde a aula coa despedida dos alumnos da súa titoría de 4º. ESO ata a Sala de Profesores e o xantar de xubilación, deixounos coma sempre a alegría da súa característica vitalidade.
Grazas, Mayte, polo labor docente e as leccións compartidas.
TEXTOS:
- "La foto y el discurso" por Mayte
- "Mayte es femenino singular" por Begoña Allegue
- "A mi amiga Mayte" de Garcilaso de Mugardos.
Memoria económica da ANPA (2014-2015)
Enviado por admin o Sáb, 19/12/2015 - 14:15
Memoria económica ANPA. Curso 2014-2015 GASTOS: -Autobús excursións 840,00 -Viaxe a Granada alumnos Estatística 250,00 -Trofeos III premio de Estudo e Deporte 262,03 -Castañas para o Magosto 62,25 -Libros de lectura para a biblioteca 143,03 -Trofeo campionato de polinomios 115,92 -Rifas excursión 4º ESO 180,00
TOTAL GASTOS 1.853,23 €
INGRESOS: -Subvención do concello 953,59 -Cuota socios 1.650,00 TOTAL INGRESOS 2.603,59 €
Aproveitamos para recordarvos que estamos a vosa disposición todos os primeiros martes de mes ás 18:00 horas no instituto. Que teñades un bo Nadal e un feliz 2016.
A xunta directiva |
Tempo de lembranza con Pilar Iglesias Martínez
Enviado por admin o Sáb, 12/12/2015 - 13:54
|
O 25 de novembro asistimos na biblioteca a unha especial lección sobre a posguerra e represión franquista en Mugardos. Co valor da historia contada en primeira persoa, dona Pilar Iglesias Martínez contounos a dolorosa lembranza da despedida do seu pai, Florentino Iglesias Varela, fusilado en xaneiro do ano 1949; tamén a historia do seu tío, o famoso guerrilleiro Pancho; ou o relato da súa propia detención como nena xunto con gran parte da familia… incluído o carro e a vaca. Entre todos os nomes, salientou a memoria da nai Antonia Martínez Leira como exemplo das grandes mulleres que en tempos tan difíciles loitaron polos seus. Agradecemos á familia Martínez-Iglesias a xenerosidade por ofrecer ao alumnado de ESO e bacharelato a valiosa achega do seu testemuño para transmitir ás novas xeracións a memoria histórica de Mugardos. |
Vídeo na canle Tempo de lembranzas.
Reunión de pais: PROA (1º e 2º ESO), EXCELENCIA (2º e 3º ESO)
Enviado por admin o Ven, 04/12/2015 - 15:58A dirección do IES de Mugardos convídao á presentación dos programas previstos para este curso.
- Programa de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, dirixido a alumnado de 2º. e 3.º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 16:30 horas
- Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 17:00 horas
Enquisa da convivencia (novembro, 2015)
Enviado por admin o Dom, 29/11/2015 - 19:05Celebración do magosto
Enviado por admin o Dom, 22/11/2015 - 19:05Actualización:
Diplomas aos equipos da xincana deportiva.
Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Clubs de lectura (2015-2016)
Enviado por admin o Mér, 18/11/2015 - 23:08Coa reunión desta tarde dos "adultos" xa están en funcionamento todos os clubs de lectura que neste curso acada por primeira vez catro grupos. A principal novidade é o ENGLISH CHAT, coordinado pola profesora Gabriela Sánchez e que xa vai pola súa segunda reunión con gran éxito de participantes.
Esta semana tamén fixeron o propio un nutirido grupo de 1.º ESO que xunto co grupo de 2.º ESO toman o relevo do denominado club A Boca do Lobo, coordinados pola profesora e bibliotecaria Begoña Allegue.
Felices lecturas!!!
A BOCA DO LOBO
ENGLISH CHAT wher you can have fun and improve your English as you chat.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogue deadmin Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)