blogue deadmin
Reunión coas familias de alumnado 4.º ESO: Martes, 7 de xuño
Enviado por admin o Dom, 05/06/2016 - 14:44V Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 02/06/2016 - 21:50Comprácenos informar dos gañadores e mencións especiais dos Premios Estudo e Deporte que patrocina o IES de Mugardos e mais os Concellos de Mugardos e Ares, a ANPA O Castro e o Club do Mar e a SDC Galicia de Mugardos, coa colaboración indispensable de ata 35 entidades deportivas e asociacións de Ferrolterra. Entre todos queremos poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
Os alumnos e alumnas do IES de Mugardos premiados nesta ocasión acadaron unha media moi elevada na fase de baremación, segundo os criterios que se poden consultar nas bases. Tamén queremos facer chegar o noso recoñecemento a todas as familias que asumen con dedicación a tarefa de facilitar a práctica de calquera tipo de actividade física dos seus fillos.
Esta iniciativa dos Premios Estudo e Deporte está incluída no Plan Proxecta e nos Contratos-Programa para a mellora da excelencia que promove a Consellería de Educación. Este ano acada xa a súa quinta edición. Queremos nesta ocasión compartir con todas as entidades colaboradoras o recoñecemento máximo que para nós foi a concesión ao IES de Mugardos do Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
A entrega dos Premios Estudo e Deporte realizarase o día 22 de xuño como colofón ao Acto Cultural de fin de curso.
Participación na MInimarket Emprende Xove (AJE-Ferrolterra)
Enviado por admin o Lun, 30/05/2016 - 11:42Reunión coas familias de alumnado 3.º ESO: Martes, 31 de maio
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 20:57Despedida de 2.º bacharelato
Enviado por admin o Mar, 24/05/2016 - 19:03Este martes, 24 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2014-2016. O propio alumnado organizou e amenizou o acto con varias actuacións musicais e o visionado das imaxes do seu paso polo centro e excursións realizadas. Contou coa intervención dos profesores titores Francisco Canoura e Telmo de Paz que ademais foron os encardados de entregar os boletíns académicos.
Finalmente, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Raquel Ibón e Clara Morado nas modalidades de bacharelato científico e de humanidades, respectivamente.
Esta promoción, unha das máis númerosas dos últimos anos, salientou pola súa evolución académica e trato xovial. Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!
Xornadas sobre o Proxecto Deportivo de Centro
Enviado por admin o Lun, 23/05/2016 - 22:48O pasado venres, as profesoras Lecicia Ogando e Covadonga Rodríguez-Moldes participaron nas I Xornadas sobre o Proxecto Educativo de Centro e promoción de hábitos saudables celebrado no salón de actos do INEF en Bastiagueiro. Neste foro puidon expoñer as actividades desenvolvidas no noso centro e a organización dos Premios Estudo e Deporte.
Enquisas
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 14:10DÚAS ENQUISAS
1PREME NA IMAXE ou neste enderezo
http://goo.gl/forms/1bfPIMTPJagfcch13
PREME NA IMAXE ou neste enderezo
http://goo.gl/forms/MD3J3SFpgMbBnhDq1
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa
Enviado por admin o Sáb, 14/05/2016 - 11:51
Este galardón oficial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recoñece o Plan Deportivo de Centro do IES de Mugardos que se basea, por unha banda, na extensa programación de actividades impulsadas poio Departamento de Educación Física; e por outra, na convocatoria anual dos nosos Premios Estudo e Deporte.
A gala de entrega celebrouse o 12 de maio, no Teatro Principal da cidade de Ourense. Ademais da dirección e profesorado, acudiron representantes do Concello de Ares: Eugenio Fernández, concelleiro de Cultura, e Javier Sánchez, técnico municipal de deportes. Por parte da ANPA, Manuel Brage e do alumnado, Sara Vázquez.
Recolleron a acreditación, a a profesora de Educación Física, Leticia Ogando, e a coordinadora dos nos Premios Estudo e Deporte, Covadonga Rodríguez-Moldes.
Entre outros galardoados salienta o Premio ao mellor deportista mastulino para Javier Gómez Noya, primeiro triatleta da historia en ser Pentacampión do Mundo.
Ver listaxe completa de galardoados
|
LIGAZÓNS:
- Secretaría Xeral para o Deporte
- Portal educativo da Consellería de Educación
- DIARIO DE FERROL (13 de maio)
Calendario fin de curso: 2.º BACHARELATO
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 23:21
Actividade |
Horario |
|
20 de maio |
Último día de clase. |
|
23 de maio |
Avaliación. |
16:15-18:00 horas |
24 de maio |
Entrega de notas. |
12:45 - 14:25 horas |
Do 24 ao 25 de maio |
Reclamacións. |
9:00 - 14:00 horas |
Do 24 ao 27 de maio |
Pre-matrícula PAU no centro. |
|
8, 9 e 10 de xuño |
Probas de Acceso á Universidade (PAU). |
|
17 de xuño |
Publicación das cualificacións provisionais. |
Iniciación ao remo no Club do Mar (2)
Enviado por admin o Mar, 26/04/2016 - 21:38![]() |
Esta semana tocoulle aos Agradecemos ao Club do Mar
|
|
Profesores en prácticas
Enviado por admin o Dom, 24/04/2016 - 23:18No último claustro tivemos a oportunidade de despedirnos dos profesores en prácticas que a longo dos últimos meses estiveron realizando este período de formación entre nós. Trátase ademais de tres ex-alumnos do centro, o que nos enche de orgullo e satisfacción: Raquel Cartelle, de lingua inglesa; Rosa Fernández, de lingua castelá e Adrián González, de Educación Física. Recibiron o recoñecemento do claustro polo labor realizado e desexámoslles moitos éxitos para desenvolver a súa vocación docente.
Distribución de froita fresca
Enviado por admin o Mar, 19/04/2016 - 12:03
|
SEMANA DA FROITA 18-22 de abril
Luns: mandarinas Martes: mazás Mércores: plátanos Xoves: amorodos Venres: melón |
|
Iniciación ao remo no Club do Mar
Enviado por admin o Lun, 18/04/2016 - 20:33![]() |
![]() |
Grazas ao Club do Mar de Mugardos, todo o alumando de 3.º e 4.º ESO asistiu esta mañá a unha sesión de iniciación ao remo. O tempo axudou e foi unha experiencia moi gratificante tanto para os que xa practican este deporte coma para os que saíron por primeira vez ao mar.
Matemáticas na raia
Enviado por admin o Sáb, 16/04/2016 - 11:36A tarde do pasado 14 de abril, o grupo de 3.º ESO-A participou na actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas organizado por asociacións de profesores de matemáticas de Galicia e Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
Incidencia da folga de estudantes (13 de abril)
Enviado por admin o Mér, 13/04/2016 - 21:15A xornada de folga estudantil tivo un seguimento no día de hoxe, 13 de abril, do 95% do alumnado (3.º, 4.º ESO, Bacharelato e Educación de Adultos) do IES de Mugardos.
"Tempo de Lembranzas" nas IV Xornadas de Patrimonio
Enviado por admin o Mar, 12/04/2016 - 23:52Os profesores Manuel Pousa e Gabriela Sánchez presentaron nas IV Xornadas de Patrimonio, dedicadas á memoria oral, o proxecto "Tempo de Lembranzas".
Pódese ler unha reseña da actividade na publicación Tempos de ouro.
|
Vídeos do proxecto |
Reunión de titoría cos pais e nais do alumnado de 2.º ESO: martes, 12 abril (18:10 horas)
Enviado por admin o Xov, 07/04/2016 - 11:57Exhibición e práctica de tenis de mesa
Enviado por admin o Xov, 31/03/2016 - 23:09O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol. Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras. A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.
14 de marzo (3/14): Día do número Pi
Enviado por admin o Sáb, 19/03/2016 - 14:34Para celebrarmos o Día do número Pi (en inglés 3/14), todos os grupos participaron na confección da cinta que a longo da rampla central do instututo recolle "só" as primeiras catrocentas cifras decimais de Pi...
![]() |
![]() |
|
|
Catrocentas cifras decimais do número pi na rampla central do instituto.
Actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Música.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogue deadmin Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)