FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Clases sen fume (2º ESO)
Enviado por Serafín o Mar, 15/11/2011 - 18:46CLASES SEN FUME é un concurso europeo para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).
Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o tabaco antes de que te enganche. Moitos rapaces empezan a fumar aos 11 anos e aos 14 xa son adictos.
Durante o concurso realizaredes unha serie de actividades que aumentarán os vosos coñecementos sobre o tema do tabaquismo ao tempo que vos divertides e podedes gañar grandes premios.
¿Que tes que facer para participar?
Comprometerte, xunto cos teus compañeiros da clase, a non fumar durante polo menos 6 meses, dende o 15 de novembro ata abril, incluíndo as fins de semana e as vacacións.
Axudarvos entre vós cando alguén teña tentacións de abandonar. Lémbrade que é un pacto entre todos e que se un falla, fallades todos. Se ocorre isto, intentade resolver a situación, coa axuda do voso titor ou titora.
Realizar as actividades de prevención do tabaquismo que che propoñemos.
¿Que podes gañar?
Saúde Non fumar é a mellor decisión que podes tomar.
Autoestima Ti es máis forte ca o tabaco e decides o que queres facer. Non deixes que ninguén nin nada decidan por ti.
Grandes premios
Estadías nun albergue con programa multi-aventura, MP4, entradas ao “Aquapark”...
Diploma e premio sorpresa para todos os participantes no concurso.
Comunícalles aos teus pais a túa decisión e anima a túa familia a participar contigo no concurso “FOGARES SEN FUME” que comeza en xaneiro.
Máis información en:
http://www.galiciasaude.es/clasessenfume
http://www.sergas.es/clasessenfume
Nos tempos rebeldes de María Castaña
Enviado por Serafín o Xov, 10/11/2011 - 21:10De seguro que tes oído e mesmo empregado a expresión "do tempo de maricastaña" referida a acontecementos de hai moitos, moitos anos. Pois esta María Castaña existiu de verdade e era galega. Propómosche coñecer a súa historia nestas dúas ligazóns con dous xeitos de abordar o asunto.
TAREFA: Le con atención ambos os textos e completa o cuestionario.
Páxina do Consello da Cultura Galega. Biografía de mulleres galegas ou relacionadas con Galicia. |
|
En forma de lenda: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/maria_castana.html |
Concurso de Cabazas, 2011
Enviado por iseoane o Xov, 03/11/2011 - 18:41
O xurado do Concurso de Cabazas "Samaín, 2011" acordou conceder os seguintes premios:
Cabazas feitas no centro
1º PREMIO: "Cannabis" de Miguel e Alberto
2º PREMIO: "Cabaza sen nome" de Juan e Javi
Cabazas feitas na casa
1º PREMIO: "Xertrudis" de Mereces e Cristina
2º PREMIO: "Noite de bruxas" de Marica, Cristina, David e Mercedes
Equipo de Dinamización Lingüística
Welcome, Gwendolyn
Enviado por admin o Mér, 02/11/2011 - 18:04A sección bilingüe de 2º ESO, na clase de Educación Física,
dálle unha agarimosa benvida á lectora de inglés, Gwendolyn.
"Canción de Marat" para 4º de ESO e para quen queira ver a Historia presentada con humor e drama
Enviado por manuelpousa o Lun, 31/10/2011 - 13:58La canción de Marat.
Dous xeitos de contar a mesma historia da lingua galega
Enviado por Serafín o Mar, 18/10/2011 - 22:49A primeira forma é a Liña do tempo da páxina LOIA, aloxada no portal do Consello da Cultura Galega. Trátase da versión "oficial", por así dicilo, e que che servirá para realizar a tarefa proposta no libro de texto de 2º ESO (Páxina 14; exercicio 1)
Preme sobre a imaxe
A segunda versión da mesma historia con máis humor é a do debuxante PEPE CARREIRO en Historia da Lingua Galega (Do latín ao acento de Burgos).
Tamén existen exemplares do libriño no departamento
I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por Mayobre o Mér, 05/10/2011 - 21:10No curso 2010-11 a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convocou o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Na categoría A: 1º e 2º da ESO acadaron o PRIMEIRO PREMIO: - Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos. - Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
- Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.
|
Na categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos Participaron: Título: A Estatística na ESO e no Bacharelato en Galicia Alumnos: Bernardo Cendán Sánchez; Eduardo Fernández Pérez; Emily Gómez Machado; Wendy Teresa Prego Anglada Titor: José Luis Mayobre Antón |
Parabén a todos os participantes.
Plan de Estudos (ESO)
Enviado por admin o Mar, 27/09/2011 - 10:18A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Poderase repetir un máximo de dous cursos e permacecer, no réxime ordinario, ata os 18 anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso.
Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes
Enviado por Serafín o Lun, 26/09/2011 - 23:06Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:
Teorema de Tales
Enviado por Covadonga o Ven, 23/09/2011 - 13:22
Aquí está o Teorema de Tales que tendes que cantar o luns os de 2ºB. ...A practicar! -sobre todo a letra-.
Boa fin de semana
Soneto para comezar un outono sen tristuras
Enviado por galego o Ven, 23/09/2011 - 11:27
Galicia é un outono puro e bon, E foi labrando o tempo-luz-paixón, Galicia é unha agarda moi madura ¡Abonda xa de laios e cancións! Manuel María |
PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).
Desafío para o próximo martes
Enviado por Covadonga o Xov, 22/09/2011 - 20:22
O periódico "EL Pais" leva moitas semanas propoñendo desafíos matemáticos. Este é o que corresponde a esta semana: un problema de operacións con números moi grandes. Probamos?
http://www.elpais.com/videos/sociedad/problema/grandes/numeros/elpepusoc/20110922elpepusoc_2/Ves/
(..uuuuuy!, non parece doado)
Autorización - Sección bilingüe
Enviado por admin o Xov, 01/09/2011 - 16:10
En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües. Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria. Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico. Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto. No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.
|
AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________ D./Dona. ..................................................................................................................... Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................ Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física. En Mugardos, a de de 20
Asdo: __________________________
|
1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”
Enviado por admin o Mér, 03/08/2011 - 21:36Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13