blogue deadmin

Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)

Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:

Venda de produtos para a excursión 4.º ESO

O alumnado de 4.º ESO instalou este venres na entrada do centro o tradicional posto de venda de produtos que nesta ocasión xuntaron as larpeiradas do entroido cos agasallos de san valentín. Todo conta para recadaren fondos para a viaxe a París que xa está próxima.

Roda cubana de baile

Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.

Roteiro Ferrol Rebelde

O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).

DÍa da Paz

 

Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz

Participación no certame Vindevídeos, 2018

 Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. (+info: Lecturamos)

Entrega dos equipamentos EDIXGAL

 

Fase final do campionato de fútbol

Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.

Unha bóla para o silencio

 

 

Reunión das familias coas titorías

  1.º e 2º ESO  3º. e 4.º ESO - FPB - 1.º Bach.  
               

Exhibición de tenis

Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.

Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.

 

César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.

Moitas grazas.

Cesta da cafetaría

Jesica, responsable da cafetería escolar, entregou un ano máis a cesta da rifa.

Bo Nadal, 2017

 

3746: Sorteo da cesta de Nadal

O agraciado Julio Freire recolleu a cesta.

3746: este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 19 de decembro.

 

Campaña de Nadal

Un ano máis está en marcha a recollida de
alimentos non perecedeiros

con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa
situada diante das oficinas do instituto.
Moitas grazas!

 

Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios

Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.

Contras as violencias machistas

 

Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.

Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.

Contra as violencias

 

Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.

Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.

Invitación ás familias: A educación a debate (CFR-FERROL)

dirección do CFR de Ferrol ten o pracer de convidalos/as a asistir á primeira xornada dos Encontros “A educación a debate” dirixidos ao profesorado e ás familias que terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do CFR (http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol/748).
O tema a tratar nesta primeira xornada é “ os deberes escolares” .

Invitacións ás familias para as xornadas "A educación a debate" no CFR-Ferrol

A dirección do CFR de Ferrol ten o pracer de convidalos/as a asistir á primeira xornada dos Encontros “A educación a debate” dirixidos ao profesorado e ás familias que terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do CFR (http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol/748).
O tema a tratar nesta primeira xornada é “ os deberes escolares” .

Magosto e xincana deportiva

Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.

Campionato de fútbol sala

Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección. 

Scary Stories

O xoves pasado pola tarde na biblioteca, o departamento de inglés organizou para o alumando de CUALE unha lectura de contos de terror a cargo de María Victoria Vázquez. Xa vedes o bo ánimo e ambiente creado na biblioteca.

 Grazas, Victoria.

Skate e patinaxe

Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.

Distribuir contido