FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
2º concurso de fotografía científica
Enviado por guillin o Mér, 26/04/2023 - 23:24Convocamos este curso o 2º certame de fotografía científica para ver o grao en que o alumnado de 3ºESO era quen de conectar a ciencia co mundo que nos rodea. E abofé que saíron cousas interesantes. No arquivo que se xunta podedes ver a colección completa mais xa podemos avanzar que os dous gañadores da 2ª edición foron IKER FERNÁNDEZ por ALEHOP...QUÉDANME 6. pola súa capacidade de plasmar cunha nitidez sorprendente un momento moi difícil de captar.
e CARLOTA FERNÁNDEZ por FUXAN OS VENTOS, por ofrecernos un misterio no que se mesturan maxia e ciencia a partes iguais amosando dun modo moi fermoso o baile de faíscas nunha posible noite de San Xoan.
Noraboa aos premiados e grazas a todos por participar amosando puntos de vista curiosos e sorprendentes deste mundo tan diverso que temos.
Rally Matemático Sen Fronteiras 2023
Enviado por fgeiras o Mar, 11/04/2023 - 16:45Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.
En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.
Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.
Rally matemático 2023
TABOA PERIÓDICA DE SENTIMENTOS
Enviado por guillin o Ven, 17/03/2023 - 20:28Acabamos de publicar a nosa táboa periódica anual coa rapazada de 3ºESO.
Non se trata dunha táboa periódica "al uso". Convidámosvos a visitar o enlace no noso blog do club de ciencias se queres somerxerte nunha historia distinta, elaborada coa excusa dos símbolos químicos que marcan a nosa existencia, só que neste caso preferimos centranos na dimensión menos material desa existencia.
Fai clic aquí
https://mugarciencias.blogspot.com/2023/03/isto-vai-de-palabras.html
Non preguntes, déixate levar e a ver qué opinas do resultado de 36 cabeciñas pensando, bueno 34, non 32...bueno non sei...uns cuantos ;-)
Como podedes comprobar xa só no aspecto xeral da táboa
Non todo o mundo comprendeu a mensaxe pero quedémonos co bo, porque sen dúbida foi unha magnífica válvula de escape que permitiu explorar lugares descoñecidos e puntos de vista sorprendentes.
Para mostra, un par de botóns
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 13:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Entrega das notas de materias pendentes
Enviado por admin o Lun, 19/12/2022 - 21:31O xoves, 22 de decembro, entregaránse os boletíns de cualificacións das materias pendentes.
Campionato escolar de remoergómetro
Enviado por admin o Xov, 03/11/2022 - 20:15Campionato escolar de remoergómetro
PARTICIPANTES: Centros de ensino do concello de Mugardos
ORGANIZA: Club do Mar de Mugardos
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 21:07MINIPROGRAMACIÓN FeQ 2ºESO
Enviado por guillin o Xov, 08/09/2022 - 22:39No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir en FeQ de 2ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºESO.
MINIPROGRAMACIÓN FeQ 4ºESO
Enviado por guillin o Xov, 08/09/2022 - 22:34No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na FeQ de 4ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 4ºESO.
Entrega de cualificacións finais (ESO)
Enviado por admin o Sáb, 25/06/2022 - 14:18Entrega das cualificacións finais - ESO
1.º ESO: Luns, 27 de xuño ás 10:00 horas
2.º ESO: Luns, 27 de xuño segundo horario notificado
3.º ESO: Luns, 27 de xuño ás 10:00 horas
4.º ESO: Luns, 27 de xuño ás 10:00 horas
Recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Lun, 06/12/2021 - 21:30
DATAS: do 1 ata o 20 de decembro
LUGAR: entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas
ENTREGA
ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)
Enviado por admin o Ven, 26/11/2021 - 23:59Entrega dos boletíns de notas
- Alumnado: titores/as
- Publicación ABALAR: 16:00 horas
Plan Anual de Lectura
Enviado por admin o Sáb, 23/10/2021 - 13:29
Plan Anual de Lectura 2021-22 |
Semana do 25 ao 29 de outubroComeza naESO a |
HORA DE LER - ESO1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...) |
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 18:00Esta é a programación didáctica completa feita polo departamento de FeQ para este curso 2021-22 para as materias que lle son propias.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 17:56Esta é a programación completa da materia de Ciencias Aplicadas á actividade Profesional (CAAP) para o curso 2021-22
Miniprogramación FeQ 4ºESO 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:41Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 4ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Miniprogramación FeQ 3ºESO 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:40Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 3ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Miniprogramación FeQ 2ºESO 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:39Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 2ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Miniprogramación CAAP 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:33Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Comezo da actividade lectiva: 3º. trimestre
Enviado por admin o Lun, 05/04/2021 - 14:10Carreira de orientación deportiva
Enviado por pcanteroc o Lun, 08/03/2021 - 13:18Día da Paz
Enviado por admin o Dom, 07/02/2021 - 14:29Búscanse humoristas
Enviado por admin o Xov, 04/02/2021 - 13:19Semana da froita
Enviado por admin o Lun, 25/01/2021 - 10:35- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »