Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Música

Lecturas Mortais

Rap, educando en valores

   

 O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.

Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e  tamén na ensinanza académica.

MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro

A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.

Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela

 

 

 
Lectura e recitado dunha escolma de poemas a cargo do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO), Latín (4º ESO), Obradoiro de Teatro (1º Bach), Grego (1º Bach) para celebrar o Día do Libro

 

Polo bo trato (25 de novembro)

O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.

Velaquí os vídeos de produción propia:

TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018

 

O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público.  No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.

 

Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.

        3º Premio: BLANCA GAGO        1º Premio: ANA RUMBO          2º Premio: NOELIA CALVO   

 

   

DÍa da Paz

 

Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz

Participación no certame Vindevídeos, 2018

 Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. (+info: Lecturamos)

Premio Olloboi á Mellor Interpretación

Marta Rumbo (4.º ESO) resultou gañadora do Premio Olloboi na categoría de Mellor Interpretación polo vídeo titulado "Non significa non". Na gala de entrega celebrada onte nuns estaleiros da localidade de Boiro, o xurado valorou os méritos do seus traballo indivual nun monólogo que vai medrando en intensidade ata o desenlace. Por iso mesmo, tamén estába nominada na categoría de mellor guión. Parabéns!!!

 

A aula de tócame-roque

14 de febreiro: Cambiou o conto

Os alumnos e alumnas de ARTES ESCÉNICAS (4.º ESO) presentan:

Cambiou o conto

Samaín, 2015

  • Primeira produción audiovisual do "Obradoiro de teatro" de 1.º bacharelato:

  • Venda de comida e bebida para a excursión fin de curso (4.º ESO):

  • Entrega dos premios do xa tradicinal concurso de cabazas convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. O xurado tivo dificil labor para elixir as obras de arte gañadoras.

 http://picasion.com/

A voz de Ferrolterra

Orgullosos de Javier Maceiras (1.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o primeiro posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns tamén a Iria Regueiro que actuou como artista invitada.

Felicitación de Nadal

Bestiario Fantástico

Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.

Festival das Letras

Gravacións:

 

Ligazón ao álbum Festival das Letras

 

And I'm telling you... by Javier (4.º ESO)


2:53 minutes (3.96 MB)

O derradeiro mohicano by Grupo de frautas (3.º ESO)

Festival das Letras


2:44 minutes (3.76 MB)

Romeo e Xulieta by Javier e Iria

Festival das Letras


1:01 minutes (1.41 MB)

Negra sombra by Noelia (1.º ESO)

Festival das Letras


1:27 minutes (2.01 MB)

La bella Lola by Frautas 3.º ESO

Festival das Letras


1:45 minutes (2.41 MB)

Segundo posto no Canta Ferrol 2014.

Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!

acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de música

Resolución 25 abril 2013 instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de  música

Lexislación

Proxecto con caráter experimental para a incorporación do alumnado con nee ás esnsinanzas elementais de música no conservatorio Profesional de Música da Coruña

Distribuir contido