FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Premios e traballos
Día de Rosalía
Enviado por reicastromicaela o Ven, 03/03/2023 - 14:09A asociación cultural Apelón Educación invitou ao alumnado de 3º ESO do IES Mugardos a un roteiro pola vila coa poesía de Rosalía como guía para descubrir parte da súa historia.
Superado o 1.º reto strava do Camiño Inglés
Enviado por admin o Dom, 26/02/2023 - 15:42Persoas que acabaron o 1° reto.
Resolución do cubo de Rubik (Club de ciencias)
Enviado por admin o Sáb, 28/01/2023 - 12:58Obradoiro de resolución do cubo de Rubik
+ Infomación: xoves, 2 de febreiro no segundo recreo.
Aula de Matemáticas
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por Anónimo o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Volta ás clases: 9 de xaneiro
Enviado por admin o Mér, 21/12/2022 - 23:45Remate das vacacións escolares de Nadal
Volta ás clases
Luns, 9 de xaneiro de 2023
Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA
Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 20:28Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta.
EN QUE CONSISTE?Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto. 1º RETO Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 2º RETO Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 3º RETO Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos. Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos. Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso. + INFORMACIÓN:
|
Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)
Enviado por admin o Lun, 05/12/2022 - 14:22Campaña de recollida de alimentos non percedeiros
DATAS: do 5 ao 19 de decembro
LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos
Resultados das eleccións ao Consello Escolar (2022)
Enviado por admin o Xov, 01/12/2022 - 22:37Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Rocío García Fontán |
Suplentes |
Eduardo Lorenzo Cabezón |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Marta Casteleiro Rivera |
Antía Martínez Romero | |
Suplentes |
Alonso Amenedo Pérez Íker Fernández Casal Noemí Abeal Payo Carolina García Hermida Eneas Pérez Cruz Óscar Pita Freire Anxo Silvén Montes |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Gómez Díaz |
Micaela Rei Castro | |
Monse Arza Rodríguez | |
Suplentes |
Juan José Guillín Fraga Isabel Calvo Díaz |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.
Cadidaturas (Consello Escolar, 2024)
Enviado por admin o Mar, 22/11/2022 - 23:14
Profesorado |
Alumnado |
Familias |
|||
Taller de LETTERING (Biblioteca) - Mércores, 2.º recreo)
Enviado por admin o Dom, 20/11/2022 - 15:46Campionato escolar de remoergómetro
Enviado por admin o Sáb, 12/11/2022 - 12:18Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.
Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.
Samaín 2022
Enviado por admin o Mar, 01/11/2022 - 14:02Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
VEREDICTO DO XURADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Enviado por guillin o Xov, 07/04/2022 - 21:29Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.
Non obstante aquí tedes os gañadores:
Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.
E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:
FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA
Enviado por guillin o Mér, 23/03/2022 - 00:03Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.
Entroido, 2022
Enviado por admin o Mar, 22/02/2022 - 17:022.º BAC - FuAX: Finanzas para mortais
Enviado por admin o Xov, 10/02/2022 - 14:13
Alumnado de Fundamentos da Administración e Xestión (FuAX) Mércores 9 e 16 de febreiro 11:35 - 13:00 horas |
Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.
PILABOT: Recicla con enerxia!!!
Enviado por admin o Dom, 30/01/2022 - 14:02O noso centro participa na terceira edición do concurso de recollida de pilas e acumuladores portátiles.
Cada alumno/a ten dereito a unha pequena caixa de cartón na que poderán traer as pilas. Na entrada do instituto temos un bidón sinalizado para baleirar o material que traian da casa.
Máis información en https://pilabot.gal/
Scape Room
Enviado por admin o Sáb, 27/11/2021 - 00:19QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS
Enviado por guillin o Mér, 24/11/2021 - 20:00O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.
O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz
E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-)
Ruta cicloturista (4.º ESO)
Enviado por pcanteroc o Lun, 05/04/2021 - 18:00
O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.
Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.
Entroido
Enviado por admin o Sáb, 20/02/2021 - 21:14Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema.
Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.
+info: Lecturamos