FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Animación á lectura
Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 02/03/2022 - 15:21No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.
E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:
Samaín, 2021
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 15:04 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.
Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.
Plan Anual de Lectura
Enviado por admin o Sáb, 23/10/2021 - 14:29
Plan Anual de Lectura 2021-22 |
Semana do 25 ao 29 de outubroComeza naESO a |
HORA DE LER - ESO1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...) |
8 de marzo. Día Internacional da Muller
Enviado por admin o Mér, 10/03/2021 - 13:24Día de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Xov, 25/02/2021 - 14:34O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".
Entroido
Enviado por admin o Sáb, 20/02/2021 - 22:14Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema.
Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.
+info: Lecturamos
Día da Paz
Enviado por admin o Dom, 07/02/2021 - 15:29Calendario de cine 2021
Enviado por admin o Dom, 27/12/2020 - 14:01A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.
O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.
Premio "Decora a túa máscara"
Enviado por admin o Mar, 03/11/2020 - 22:54
PREMIO Máscara máis terrorífica Fátima Pereira 1.º ESO |
PREMIO Máscara máis creativa Faia Varela |
Día das Letras Galegas, 2020
Enviado por admin o Dom, 17/05/2020 - 13:50O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos.
O autor naceu e criouse no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere, entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de entrega ao país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.
Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.
Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto do prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.
Blog: Lecturamos
ESPECIAL DÍA DO LIBRO
Enviado por olga.mcabalar o Xov, 23/04/2020 - 13:14Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.
Celebración do Entroido-2020
Enviado por admin o Dom, 01/03/2020 - 12:16O pasado venres celebramos o Entroido no centro cun festival, presentado por Helena Castiñeira e Carlota Vidal, no que participou todo o alumnado da ESO e parte do alumnado de Bacharelato.
Os gañadores, nas distintas categorías, foron:
FONTE: Lecturamos
Charla de María José Masanet sobre mitos románticos e violencia de xénero
Enviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 22:15María José Masanet é profesora e investigadora na Universidade de Barcelona, especialista en investigación mediática, adolescencia e xuventude, series de ficción, o xénero e a representación da sexualidade e a relación amorosa nos medios de comunicación.
San Valentín na biblioteca
Enviado por admin o Sáb, 15/02/2020 - 12:46
O amor pode ir en moitas direccións. Moitos dos nosos alumnos amosaron o seu "amor" por algúns libros desta biblioteca neste "photocall" . A Biblioteca repartiu poemas de amor entre os alumnos, e estivo toda a semana adornada con motivos vinculados co amor: a rosa, a mazá e bombóns.
Si vis pacem... (Día da Paz, 2020)
Enviado por admin o Ven, 31/01/2020 - 11:21
Os traballos do alumnado quedaron recollidos nun enorme cartel no que as súas propostas completan e dan un novo sentido á prótese "si vis pacem"
Programa de radio: a viaxe dos Reis Magos
Enviado por admin o Dom, 22/12/2019 - 00:35Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)
Concurso de Viaxe
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 14:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.
Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).
Concurso de rap contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Sáb, 14/12/2019 - 14:45Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero este día a Biblioteca e o EDL convocaron un concurso de rap.
Os gañadores do concurso foron os alumnos de 3.º ESO Xabier Sánchez e Miguel Ángel Rincón (mención especial).
Isto é para que escoites,
isto é para que loites...
Contra a violencia de xénero (25N)
Enviado por admin o Dom, 08/12/2019 - 21:52
O pasado venres recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto conseitiu dna realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso. Axiña saberemos o veredicto do xurado e compartiremos as creacións.
Rap, educando en valores
Enviado por admin o Xov, 07/11/2019 - 22:33
|
O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e tamén na ensinanza académica.
Comezo do CLUB DE LECTURA
Enviado por admin o Mar, 08/10/2019 - 23:04Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.
Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela
Enviado por admin o Ven, 10/05/2019 - 11:33