FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
1.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Materias | Libros dixitais | Documentos |
1.ºESO-A |
Titora RAQUEL SIERRA |
Tecnoloxía e dixitalización |
|
|
1.ºESO-B |
Titor |
Matemáticas - 1.º ESO B |
||
Serafín Álvarez |
Lingua galega e literatura | |||
Miguel Gil |
Xeografía e historia | |||
Laura Viñas |
Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
Miguel Poncela | Lingua castelá e literatura |
|||
Andres Pérez Rouco |
Matemáticas 1º. ESO A |
|||
Fabio G. Eiras |
Matemáticas 1º. ESO B |
|||
Marta González |
Educación plástica, visual e audiovisual | |||
Ana Palmero | Bioloxía e xeoloxía | |||
Pedro Cantero | Promoción de estilos de vida saudables | |||
Ánxela Cabanas | Francés | |||
Micaela Rei | Portugués | |||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández
|
Reforzo exentos 2LE |
1.º ESO
Maios, 2023
Enviado por Serafín o Xov, 11/05/2023 - 22:38Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.
Rally Matemático Sen Fronteiras 2023
Enviado por fgeiras o Mar, 11/04/2023 - 17:45Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.
En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.
Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.
Rally matemático 2023
Visita RadioVoz Ferrol (1.º ESO)
Enviado por admin o Lun, 10/04/2023 - 13:25Visita aos estudos de RadioVoz Ferrol
Martes, 11 de abril
Saída: 9:25 horas
Volta: 13:35 horas
Viaxe de estudos á cidade do Porto
Enviado por reicastromicaela o Dom, 02/04/2023 - 14:17Na Praça da Galiza. Monumento a Rosalia de Castro | Vistas desde parque do Palácio de Cristal | Livraria Lello & Irmaos | |||||
Foz do Douro (Matosinhos) | O guia Sérgio conta a história do romancista Camilo Castelo Branco | Metro | Estaçao de San Bento | ||||
Escadas da Sé | Vistas do Douro | Cruzeiro das seis pontes | Gáia | ||||
Viagem à cidade do Porto
|
|||||||
Museo dos Descubrimentos | Restaurante Novo Paris |
IES de Mugardos
|
Obradoiro de gravación e mestura para radio e pódcast
Enviado por montse.arza o Sáb, 01/04/2023 - 14:50
Durante a última semana de marzo, o alumnado de 1.º ESO participou no Obradoiro de radio impartido por Pedro Iglesias. |
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 14:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Torneo XOGADE de fútbol sala fenimino
Enviado por pcanteroc o Dom, 22/01/2023 - 14:08O xoves 19 de xaneiro tivo lugar o comezo do torneo feminino de fútbol sala organizado polo programa XOGADE. As nosas rapazas competían nos cursos de primeiro e segundo da ESO formando dous equipos con mestura de idades. As alumnas do IES Mugardos estiveron practicando e formando equipo durante as semanas previas aproveitando os recreos para xogar ao fútbol no pavillón. Nestes momentos foron coñecéndose e formando amizades. Chegou o día, a primeira sede foi no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en Monfero. Durante a viaxe en autobús ata o instituto as alumnas aproveitaron para ir quentando...a voz. Un concerto en homenaxe a Shakira cantando todos os seus temas especialmente o tema dedicado a Piqué...notábase o bo ambiente entre as nenas e as gañas de falar de fútbol. Unha vez no pavillón do instituto as nosas rapazas abriron o torneo xogando elas. A entrega, as ganas de xogar e as caras de felicidade deixaban clara a ilusión que tiñan por participar neste evento. Os resultados son o de menos xa que o obxectivo era fomentar o deporte feminino e forxar amizades entre elas, aínda así gañáronse varios partidos polo bo facer das alumnas. Quedamos á espera do seguinte evento que enfrontará ás alumnas do IES Mugardos coas alumnas do IES As Mariñas de Betanzos e do IES Breamo de Pontedeume. Ata o momento gran ambiente e moi bos recordos os vividos, oxalá este tipo de eventos expándase e a todos “nos salpique”. |
Campionato escolar de remoergómetro
Enviado por admin o Xov, 03/11/2022 - 21:15Campionato escolar de remoergómetro
PARTICIPANTES: Centros de ensino do concello de Mugardos
ORGANIZA: Club do Mar de Mugardos
Concerto Zënzar.
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 22:47O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 22:07Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Sáb, 24/09/2022 - 12:00
|
Que é a HORA DE LER?
Cando?Consulta o calendario. ------------------> A primeira semana de HORA DE LER, a prImeira hora |
Entérate Mugardos
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 22:06O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.
1.º ESO - Ruta dos lavadoiros
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 19:12Coas mans. Ruta dos lavadoiros (camiñata)
ruta convivencia interxeneracional e de coñecemento da vida dalgunhas mulleres de Mugardos (ver adxunto).
Colabora Asociación Apelón.
Participa 1º ESO.
Datas: 15 de xuño a 4º hora e 2º recreo.
1.º ESO - Pegada de carteis pola igualdade
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 19:07Pegada carteis obradoiro de igualdade: tarde do martes 14 de xuño (pendente de confirmación).
Cursos participantes. 1º ESO.
Maios, 2022
Enviado por Serafín o Xov, 12/05/2022 - 20:36Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
1.º ESO: miniprogramacións
Enviado por admin o Sáb, 19/02/2022 - 00:05
AVISO IMPORTANTESegundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, cómpre ter en conta os seguintes cambios que afectan ás programacións:
CAPÍTULO III (...) 8. O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría. Nese sentido, para o alumnado que teña materias ou ámbitos con partes sen superar logo de realizada a terceira avaliación parcial, o equipo docente realizará un breve informe de avaliación individualizado que debe servir de base para o deseño das correspondentes actividades de recuperación. A cualificación definitiva das materias ou dos ámbitos farase efectiva na avaliación final de curso. |
Recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Lun, 06/12/2021 - 22:30
DATAS: do 1 ata o 20 de decembro
LUGAR: entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas
ENTREGA
Contacontos (1.º e 2.º ESO)
Enviado por admin o Sáb, 27/11/2021 - 01:11Contacontos
1.º ESO
2.º ESO
ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)
Enviado por admin o Sáb, 27/11/2021 - 00:59Entrega dos boletíns de notas
- Alumnado: titores/as
- Publicación ABALAR: 16:00 horas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »