FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Sala de Profesores
Luciano
Enviado por admin o Dom, 02/02/2014 - 18:43O pasado 31 de xaneiro xubilouse Luciano Vilas. Desenvolveu o seu labor docente entre nós como mestre de Pedagoxía Terapéutica, prestando unha axuda inestimable ao alumnado con necesidades especiais. Desexámoslle saúde e felicidade nesta nova etapa da súa vida.
Do mesmo xeito púxose fin a unha fructífera xeira na que o IES Mugardos contou coa presenza de mestres procedentes da educación primaria. Aneiros, Brozos, Marisa, Aida, Errose e Luciano, todos eles achegaron o seu bo facer e capacidade de traballo amplamente recoñecida por moitas xeracións de mugardeses, tanto nos colexios coma no instituto.
En nome de toda a comunidade educativa: Grazas, mestres!!!
Visita de profesores da cidade galesa de Cardiff
Enviado por admin o Mar, 05/11/2013 - 20:48Dentro das actividades do programa europeo de intercambio de profesores no que participa o noso centro, xunto con outros de Ferrol e o Centro de Formación de Profesorado, a tarde do luns recibimos a visita de catro docentes da cidade galesa de Cardiff. Primeiramente foron recibidos pola corporación municipal do Concello de Mugardos.
Errose
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2013 - 13:42Co gallo da xubilación de Errose Landa, o alumnado amosou nun acto de despedida vibrante de emocións o seu grande afecto e respecto por unha das figuras docentes máis valorandas do instituto.
Grazas, mestra, por todo o traballo e bo facer que deixa no IES de Mugardos unha fonda pegada.
Incidencia da folga (24 de outubro)
Enviado por admin o Xov, 24/10/2013 - 16:30A xornada de folga contra a LOMCE tivo un seguimento no IES de Mugardos no día de hoxe do 96% do alumnado e o 60% do profesorado.
Ligazóns:
- Comunicado da Consellería de Educación.
- Nota de prensa do Ministerio de Educación (12:00 horas)
Prensa:
COMBAS Actividade 4
Enviado por Mara o Dom, 16/06/2013 - 10:58Hai xa unhas cantas semanas un compañeiro do grupo COMBAS fíxome chegar información dunha páxina web onde atopar materiais de traballo interesantes que outros grupos de COMBAS tiveron a ben compartir.
Déixovos o enlace ao apartado da actividade 4 por se pode servir de orientación.
Sofware para avaliar as CCBB
Enviado por Mara o Sáb, 06/04/2013 - 11:14
Hai uns días a nosa orientadora Mª José Naveira (sempre tan atenta e colaboradora) comentoume a existencia dun software educativo para avaliar dun xeito sinxelo as competencias básicas. É unha folla de cálculo sinxella onde o profesor relaciona as tarefas que desenvolve coas competencias básicas e lle dá unha ponderación a ese traballo.
Déixovos o enlace á paxina onde o teñen aloxado e explicado, por se queredes botarlle unha ollada.
E outra páxina (de EducaMadrid), máis visual, na que tamén explican o software.
Saúdo e benvida ao espazo das COMpetencias BASicas
Enviado por Mara o Lun, 01/04/2013 - 10:26Benvidos todos e todas ao espazo COMBAS do IES Mugardos. Como sabedes o proxecto pretende profundizar no traballo das competencias básica no conxunto das actividades de formación do alumnado.
Vou aproveitar este espazo para ir engadindo recursos, lecturas, páxinas web doutros centros, etc,, que poidan ser de interese para ampliar ou profundizar as nosas reflexións arredor das competencias básicas.
Déixovos o primeiro recurso. É unha presentación bastante longa (64 diapositivas), pero creo que paga a pena vela alomenos ata a diapositiva 30.
Por certo, na segunda actividade do proxecto traballaremos a diferenza entre exercicios, actividades e tarefas e nesta presentación hai unha explicación bastante clara sobre tarefas e actividades (diapositivas da 24 á 30).
Novas formas de ensinar e aprender
Ademais hai algunhas páxinas web interesantes para botar unha ollada, como por exemplo competencias basicas.net ou competencias basicas huelva.
Continuará...
Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 03/12/2012 - 22:00
CONSELLO ESCOLAR 12-13 |
|
Así queda o novo Consello Escolar após o proceso electoral. Infografía: César Pena Fotos da xornada de votación |
Despedida de Aida
Enviado por admin o Mar, 10/04/2012 - 19:51
Grazas, Aida, por todos estes anos de xenerosa dedicación ao ensino. Para toda a comunidade educativa do IES Mugardos foi un inmenso pracer aprender de ti e traballar contigo. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de xúbilo en compaña da túa familia. Saúde e xúbilo, mestra.
|
EducaBarrié
Enviado por admin o Mér, 02/11/2011 - 23:48
Estimad@ amig@:
La Fundación Barrié crea educaBarrié, un nuevo canal de comunicación entre la Fundación y la comunidad educativa.
EducaBarrié nace como un espacio de encuentro e intercambio, un laboratorio en red de experiencias educativas innovadoras que aglutina toda la oferta educativa de la Fundación en el marco de sus áreas de actuación: Patrimonio y Cultura, Educación e Investigación, y Servicios Sociales. Ahora todos los recursos y actividades de la Fundación Barrié están al alcance de la comunidad educativa de Galicia para formar parte de las actividades de los alumnos, en las aulas o en el entorno familiar.
Bienvenido a la siguiente clase – www.educabarrie.org
educaBarrié from Fbarrie on Vimeo.
Proxección en Ferrol do documental "Los olvidados de los olvidados"
Enviado por admin o Mér, 02/11/2011 - 23:37+34 646 755 543
ines@aiguafilms.com
AIGUAFILMS
"LOS OLVIDADOS" en Facebook
http://www.facebook.com/#!/pages/Los-Olvidados-de-los-Olvidados/146660748748906
Hazte amigo y colabora con nosotros.
"LOS OLVIDADOS" Trailer en VIMEO
http://vimeo.com/27452049
Resultado do referendo (25 de outubro)
Enviado por admin o Mar, 25/10/2011 - 16:16Número de electores: 36
Número de votantes: 25
Número de papeletas nulas: 0
Número de papeletas válidas: 25
RESULTADOS
- Estás de acordo cos recortes no ensino público?
SI: 0 - NON: 24 - BRANCO: 1
- A Consellaría de Educación impuxo un incremento do horario lectivo. Estás de acordo con este incremento?
SI: 3 - NON: 19 - BRANCO: 3
- Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado?
SI: 1 - NON: 23 - BRANCO: 1
- Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino?
SI: 0 - NON: 24 - BRANCO: 1
Información sobre os dereitos de autor
Enviado por admin o Mér, 19/10/2011 - 14:40
|
Adrián Paenza: problemas non resoltos e actitude dos ensinantes
Enviado por Covadonga o Xov, 22/09/2011 - 20:58Todavía non sei resolver o desafío, pero non me preocupo. O arxentino Adrián Paenza, matemático, escritor e divulgador de ciencia fala dos problemas sin resolver e doutras cousas moi interesantes, sobre todo para o profesorado.
Primeiros días de clase: guías, dinámicas, ideas
Enviado por admin o Dom, 18/09/2011 - 11:21Cuaderno Intercultural:
http://www.cuadernointercultural.com/primeros-dias-de-clase-ideas/