Bitácora de Orientación 

 Pienso, siento, soy

blogue deorientacion

Reclamación ABAU

  • Prazo: Do 16 ao 20 de xuño (ata as 14:00 h.)

  •  Solicitude de revisión en Nerta.

  •  Lembrade que a revisión pode levar a baixada de nota se se detecta erro.

Inscrición e matrícula no Sistema Universitario Galego (SUG)

Por aquí vos deixo as instrucións da CIUG para realizar a inscrición nos Graos Universitarios Galegos e as prazas dispoñibles. Lembrade que a inscrición se realiza no NERTA e a matrícula nas webs de cada universidade galega. Pegade un repaso á presentación de 2º Bach.

  1. UDC: https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/Login.asp
  2. USC: https://www.usc.gal/es/admision/grados/matricula
  3. UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=portalAcademico
  • Calendario de matrícula (se che adxudicaron praza)

.C

 

Parámetros ponderación 23-24

A CIUG publicou os novos parámetros 23-24 no mes de maio. Lembrade que tamén os tendes na aula virtual.

https://www.ciug.gal/PDF/ACCESO2023/ponderacions_2023_24.pdf

ORIENTA 22-23

 Precisas axuda para decidir ou ter máis información sobre os estudos que podes facer en cada comunidade incluída a galega? Que tal se botas un ollo ao que te ofrece o programa ORIENTA 22-23:

https://www.elorienta.com/movil/?yafxb=56387

Residencias e aloxamento na USC: Santiago, Lugo

Se o próximo curso escolles estudar na USC, ben sexa en Santiago ou Lugo, debes saber que a convocatoria para solicitar praza abrese ata o 27 de XUÑO ás 14:00 horas. Para coñecer algo máis da oferta de residencias e o procedemento de solicitude, preme no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/aloxest.html

Xornada de portas abertas nas Residencias da UDC: Ferrol e Coruña

Se estás pensando en solicitar praza nalgún campus da Universidade de A Coruña, tes a posibilidade de visitar as residencias na xornada de portas abertas que terá lugar entre o 1 e 10 de xullo.

Para participar debes enviar previamente un correo a:

-A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es 
-Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es

Máis info en: https://www.udc.es/es/sape/aloxamento/?language=en

 

 

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°

 

 

    

 Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!

Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.

Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.

Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si. 

Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio. 

Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.

Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito. 

Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro. 

Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.

Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!

Presentación: 

SOLICITUDE NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)

As prazas de residencia nestes centros están dirixidas ao alumnado de Bacharelato e Ciclos. A residencia é de luns a venres. En función dq renda hai catro tramos de prezos, hai a posibilidade de que a residencia sexa incluso gratuíta.

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

Toda a información na seguinte páxina:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40089

CHARLA ALAR: PREVENCIÓN DO SUICIDIO

 

O venres pasado ALAR visitounos para ofrecer unha charla sobre o suicidio ao alumnado de 4°ESO e 1° CFPB.

O primeiro que se deixou claro é que unha persoa se suicida non porque non quera vivir, senon porque quere deixar de sufrir. 

Falamos do que pode desencadenar que unha persoa poida acabar coa súa vida. Tres son as causas principais na adolescencia: vivir situacións de violencia no ámbito familiar, as condutas adictivas e o bulling.

Detallamos algúns comportamentos tanto verbais como condutuais que poden observarse cando unha persoa ten conduta suicida. Ás veces un comportamento agresivo, de aillamento, sinais de despedida e outros, poden alertarnos desta situación polo que debemos estar atentos e interpretar ben o que a persoa está vivindo.

Descubrimos tamén que Lugo é a provincia con índices de suicidio máis altos de todo o territorio nacional. Vimos tamén que a situación se dispara dende hai 5 anos, e que frente ao mito que di que é mellor non falar do tema, os datos indican que é importante facer prevención, algo que xa estamos a facer.

Unha das cousas máis importantes para que a conduta suicidia non se produza é ofrecer axuda, unha actitude empática e de escoita. Nun 70% dos casos, descubrir o estado emocional da persoa e ofrecerlle atención e axuda evita que volva a intentalo. Vedes o importante que pode ser para unha persoa ser escoitada?

Se nalgún momento precisades axuda ou sabedes dalguén que a necesite, pasádevos por Orientación, non o dubidedes. Ademais da axuda que vos podamos ofrecer no centro, podemos activar intervención tanto no SERGAS como en ALAR.

Comparte a túa dor para que alguén poida axudarte.

                                  

Campus de voluntariado en Galicia

DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO

En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.

Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.



Terceira edición Mocidade (Congreso da xuventude- Xunta de Galicia)

Esta semana celebraráse na Coruña a III edición de Mocidade, o congreso galego de xuventude organizado pola Xunta de Galicia.

  • DESTINATARIOS: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos).
  • DATAS: venres 24, (comezamos pola tarde, ver horarios), sábado 25 (mañá e tarde) e domingo 26 de marzo (almorzo e saída para os aloxados).
  • LUGAR DE REALIZACIÓN: Palexco (A Coruña).
  • ALOXAMENTO: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.

Día do medio ambiente (5 de xuño). Actividade conxunta IES de Mugardos e CEIP Unión Mugardesa

 CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE
EN CONVIVENCIA

O venres o alumnado de 1° de FPB fixo unha visita moi chula ao alumnado de infantil do cole de Unión Mugardesa.
Xuntos e xuntas, celebramos o 06 de xuño, día do medio ambiente, realizando as seguintes actividades. Para comezar, o alumnado de FPB leu aos máis pequenos e pequenas un conto: "A árbore da miña escola". Logo parolamos de moitas cousas: do que plantamos no cole e no insti, dos legumes e verduras, dos proxectos florais do curso que vén, de trucos para que as eirugas glotonas non zampen o que prantamos. Incluso vimos os capullos de seda que o alumnado de infantil coida para chegar a ver a metamorfose en fermosas bolboretas.
A continuación fomos a prantar cabazas ornamentais que cun pouco de mimo e sorte darán cabazas para o próximo Samaín. Botamos terra, fixemos buratiño co dedo, metemos a semente, tapamos con máis terra e regamos. E para que quedara unha boa lembranza do día plantamos tamén unhas flores para que cando saian ao recreo se acorden de nós (ver foto).
Como nos pediron volver o próximo ano, e aos nenos e nenas sempre hai que facerlles caso, temos todo un verán para pensar en ideas novas. Ademáis, se a covid o permite, tamén faremos unha visita ao cole de Santiago Apóstolo, ao que temos mooooitas ganas de ir.
Moitas grazas a Miguel, as profes de infantil e a Patricia e Víctor, profes de FPB, que fixeron posible esta xornada de convivencia e coidado do medio ambiente.

Aledaled, ánimo 2.º bacharelato!

Esta semana o alumnado de 2°Bacharelato comezou o período de exames cunha sorpresa.
Unha representación do alumnado de 2°ESO pasou polo salón de actos para darlles folgos e facerlles entrega dun ALEDALED personalizado para que o tiveran na súa mesa de estudo, e mantiveran a ilusión e o esforzo ata o final.
Que non sabedes o que é un ALEDALED? Pois é unha tarxetiña cunha imaxe máis unha mensaxe de ánimo que contén no seu interior un circuíto que fai que se aluminen os leds que van incrustados na tarxeta.
Antes de realizar os AledaLeds na clase de Tecnoloxía e nas titorías, o alumnado de 2°ESO xurou por Snoopy ante os seus titores/as Diego e Sandra prometendo manter o segredo e non contar a sorpresa ata que rematasen a misión.
Hoxe, o alumnado de 2° Bacharelato agradeceu cun sonoro aplauso a ilusión e detalle que o alumnado de 2°ESO tivo con eles/as. Agardamos que esta pequena gran sorpresa lles faga máis levadeiro este final de curso ou etapa. Ánimo e forza, como xa vos dixemos hoxe sodes Xeniais e podedes con todo!!

Semana das Profesións: conversas sobre o futuro

 

PÓDESE EMPRENDER EN MUGARDOS?
IAGO TRIANA. DA COSTA VERDECENTE

Hoxe inauguramos a Semana das Profesións con Iago da empresa de servizos caninos Da Costa Verdecente que ofrece adestramento, perruquería canina, hotel e tenda. https://www.iagotriana.com/
Iago contounos que logo de probar con itinerarios laborais diferentes, pensou na posibilidade de ser emprendedor montando unha empresa relacionada co que lle gustaba e polo que sentía unha gran paixón: os cans.
Imaxinades traballar no que adicades o tempo libre... soa ben, non?. Pero antes de chegar a este punto, a Iago tocoulle traballar no sector dunha maneira diferente que lle permitiu coñecer ben que podía funcionar, donde había mercado. Emprender foi unha idea que foi xurdindo pouco a pouco. Ademáis de traballar no que lle gustaba, animoulle a idea de ser o seu propio xefe e vivir aquí.
Na conversa que mantivemos, fixemos unha pequena enquisa informal e descubrimos que unha parte importante do alumnado de 3°ESO ten a idea de marchar para estudar fóra e vivir experiencias novas. Tamén descubrimos que á hora de buscar emprego, a vosa idea é traballar lonxe de Mugardos e volver nas vacacións porque considerades que aquí hai poucas oportunidades. Algúns tendes emprendedores/as na familia e non descartades emprender, pero en principio descartades facelo aquí. Con todo o marabilloso que hai en Ares- Mugardos... marchar? E se cambiades a realidade como en Texas? Lembrades o que nos dixo Iago?
Hoxe vimos como as oportunidades creanse, e os nosos sitios poden cambiar coas miradas dos emprendedores. Temos a opción de opositor, de ser contratados/as por conta allea pero a opción de emprender, crear empresa e incluso contratar xente pode ser unha realidade tamén interesante.
Na charla tamén falamos sobre como algunhas estratexias de negocio como a diversificación de servizos permiten que unha empresa como a de Iago se manteña ben. Se un servizo frouxea, hai outros que poden ir mellor e compensar.
Tamén falamos de que se pode traballar en Mugardos e levar o seu nome polo mundo adiante coa internalización, realmente podes comerte o mundo emprendendo en Mugardos! Tamén falamos que saír, coñecer experiencias e sitos novos está moi ben e enriquece o que fagamos logo.
Aproveitar as oportunidades e ter en conta as ameazas son claves. Tamén coñecer as debilidades e as fortalezas. En empresa a isto lle chamamos DAFO. Iago ten claro contra quen non pode competir e sabe tamén donde el non atopa competencia. Disto vai emprender.
Espero que esta charla vos permitira valorar outras posibilidades profesionais e darvos conta de que na vida dunha persoa hai etapas, idas e voltas, que un empeza dunha maneira e logo pode continuar doutra. Que as oportunidades se crean. Que o lugar donde un vive pode ser un bo lugar para emprender. Que o noso tamén se defende (que llo digan ao can palleiro).
Moitas grazas Iago, que a costa siga verdecendo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orienta vs Coronavirus

Que se pensaba este bichito...que non iamos ser capaces de orientar online? Sempre teremos o ORIENTA.

Agora que non tes que vir ao centro, bota un ollo a todas as opcións que podes estudar. Tamén podes facer os cuestionarios para que o programiña te axude a escoller materias,modalidades, grãos, ciclos.
Podes facerme as consultas que queiras por privado ou, correo ou teléfono.

Pienso, siento, soy

Busca toda a información das nosas titorías e ligazóns que che interesan no blog

Distribuir contido