Laboratorio de Guillín  

 Ciencias experimentais

blogue deguillin

Mini programación FeQ 3ºESO actualizada 2021-22

A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 3ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

Mini programación FeQ 2ºESO actualizada 2021-22

A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 2ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP ACTUALIZADA 2021-22

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CAAP ACTUALIZADA

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP ACTUALIZADA

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN CAAP ACTUALIZADA

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a mateira de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FeQ ACTUALIZADA

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para as materias de física e química coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA ACTUALIZADA

A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para as materias de física e química coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.

DESPEDIDA E PECHE...ESCAPE ROOM E DEPORTE PARA DESPEDIR O ANO

Onte 21 de decembro puxemos punto e seguido a esta incerta andaina que nos toca seguir no curso 2021-22. Fomos librando moi ben do bichiño durante todo o trimestre e tocaba celebralo...con sentidiño. 

Empezamos a mañá cunhas pachanguiñas de baloncesto co incentivo de ver en acción a parte do profesorado.

 

O resultado é o de menos pero aparte de pasalo estupendamente descubrimos que a sección feminina xa non ten nada que envexar aos rapaces...pasáronlles por riba ja ja.

Despois dunha horiña de xogo, algúns (enténdase profes) xa pedían papas. Chegaba o momento de descansar un pouco e comezar a actividade estrela do día: un "escape room" masivo que poría a proba a capacidade do alumnado para botar man do inxenio e os coñecementos adquiridos durante estes 3 meses.

Participaron todas as clases, que durante máis de 2 horas trataron de resolver as preguntas, acertixos, adiviñanzas...que parte do profesorado preparou para eles. 

Non podíamos deixar pasar a oportunidade de darlle a noraboa ao alumnado de teatro de 2ºBAC que foi o encargado de montar garda na porta de cada clase atendendo as dúbidas e respostas dos compañeiros e facendo que todo transcorrese segundo o previsto. Impresionante o "atrezzo" digno das mellores películas de Hollywood ;-)

Aínda que todo é susceptible que ser analizado desde moitos puntos de vista...creemos que foi todo un éxito que non cae en saco roto para o futuro.

A clase de 4ºESO B resultou a gañadora 

A canción do pirata de josé de Espronceda (Non podía ser doutro xeito) foi a chave para reolver o misterio...

Noraboa a todos os que dalgunha maneira (participando, axudando...) levaron adiante esta iniciativa do equipo directivo que cristalizou nunha bonita experiencia.

Xa non quedaba moita mañá por diante pero para poñerlle o broche de ouro alá fomos de novo parte do profesorado para enfrontarnos, desta volta en futbol, contra oa animosos alumnos. O resultado foi marabilloso xa que ningún dos docentes acabou sendo atendido polos servizos médicos e non houbo que lamentar baixas salientables.

Agora o que toca é descansar e coller ánimos para a volta e seguir alerta contra a COVID que parece empeñada en non darnos tregua.

Podedes ver nos arquivos anexos algunha imaxe mais do día. Bo Nadal a todos.

 

OS FISIQUIÑOS NA COCIÑA

Convidámosvos a ver os fisiquiños que sacamos da actividade feita co alumnado na elaboración dos biscoitos. Os fisiquiños son anacos de realidade, arrancados a mordiscos en forma de imaxe. Levan asociados unha reflexión escrita, que non necesariamente tes que entender...é máis, podes cambiala por unha túa e así farás os teus propios fisiquiños.

Aquí a tedes

QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS

O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.

 

 

 

 

 

O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz

 

 

 

 

 

E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-) 

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA

Esta é a programación didáctica completa feita polo departamento de FeQ para este curso 2021-22 para as materias que lle son propias.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP

Esta é a programación completa da materia de Ciencias Aplicadas á actividade Profesional (CAAP) para o curso 2021-22

Miniprogramación FÍSICA 2ºBAC 2021-22

Aquí tedes a programación didáctica da materia de Física de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.

Miniprogramación QUÍMICA 2ºBAC 2021-22

Aquí tedes a programación didáctica da materia de Química de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.

Miniprogramación FeQ 1ºBAC 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 1ºBAC na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 4ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 4ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 3ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 3ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 2ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 2ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química en 2ºESO na que poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación CAAP 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

información pendentes FeQ de 3ºESO

No documento adxunto podedes refrescar a forma que temos no departamento de avaliar  a materia de FeQ de 3ºESO cando se ten pendente de cursos anteriores. Lembrade que son 3 cousas a avaliar, os conceptos mediante proba escrita, o traballo de producción e as copias literais do libro de texto. Tedes o verán por diante para iso.

PROGRAMACIÓN FeQ 2020-21

No arquivo que se xunta tedes a programación completa do dpto. para este curso 2020-21

PROGRAMACIÓN CAAP CURSO 2020-21

No documento que se xunta atópase a programación completa do Dpto para a materia de CAAP no curso 2020-21.

MINIPROGRAMACIÓN CAAP

Aquí tedes a programación didáctica para o curso 2020-21 da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, pero moi resumida. Esencialmente contidos e xeito de avalialos.

MINPROGRAMACIÓN FeQ 4ºESO

No documento que se xunta está a programación didáctica resumida do departamento para o nivel de 4ºESO na materia de Física e Química. Nel atópanse os contidos a impartir e o xeito de avalialos

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 3ºESO

No documento que se xunta está a programación didáctica resumida do departamento para o nivel de 3ºESO na materia de Física e Química. Nel atópanse os contidos a impartir e o xeito de avalialos

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 2ºESO

No documento que se xunta está a programación didáctica resumida do departamento para o nivel de 2ºESO na materia de Física e Química. Nel atópanse os contidos a impartir e o xeito de avalialos

Miniprogramación 2ºBAC-QUÍMICA

No documento que se xunta está a programación didáctica resumida do departamento para o nivel de 2ºBAC-QUÍMICA. Nel atópanse os contidos a impartir e o xeito de avalialos.

Miniprogramación 2ºBAC-FISICA

No documento que se xunta está a programación didáctica resumida do departamento para o nivel de 2ºBAC-FÍSICA. Nel atópanse os contidos a impartir e o xeito de avalialos.

Distribuir contido