FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Recepción ás familias
Enviado por admin o Mér, 12/09/2012 - 23:11
Recepción ás familias
Reunión da dirección cos pais e nais
Martes, 18 de setembro
(16:20 - 18:00 horas)
NOTA: Esa tarde non haberá clase.
Os pais e nais que o desexen poderán empregar
o transporte escolar nas rutas acostumadas ata
cubrir prazas.
AS NOSAS PALABRAS COBRAN VIDA
Enviado por iseoane o Xov, 21/06/2012 - 23:19Os alumnos de 1º ESO, vestidos de palabra, baixaron á vila de Mugardos a recompilar novas compañeiras a cambio de flores e pegatinas. Asemade repartiron no comercio mugardés un tríptico realizado pola Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego neste sector.
Grazas a todos os mugardeses que colaborastes na actividade agasallando a cada cativo con unha ou varias palabras.
Equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca.
1º. Premio e mención "Incubadora de Sondaxes"
Enviado por admin o Mér, 20/06/2012 - 23:51
II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) vén de comunicar a resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na que o traballo dos alumnos de 3º ESO acadou o primeiro premio e o de 2º ESO unha mención especial do xurado. O acto de entrega de premios está previsto para o 21 de xuño, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Adamais, o equipo de 3º ESO foi seleccionado para representar á Comunidade Galega na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid. Desexamos manifestar o noso máis afervoado recoñecemento a todos os grupos participantes e ao departamento de Matemáticas polo seu esforzo e dedicación. Parabéns!!! 1º PREMIO MENCIÓN ESPECIAL - Título: A decadencia dun mito estético: “o rectángulo da moda fala galego”
- Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. - Alumnos: Rubén González Rodríguez, Joao Pedro Moreira Dos Santos, Mercedes Pereira Rodríguez e Sara Vázquez Rumbo. |
O galego darache de comer
Enviado por admin o Mér, 23/05/2012 - 17:09A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.
Campus Científicos de Verán
Enviado por admin o Lun, 07/05/2012 - 23:54Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.
Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE.
Punto de recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Dom, 06/05/2012 - 23:10Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.
Agradecemento polo resultado do III Rastro Solidario
Enviado por admin o Mar, 01/05/2012 - 22:21O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario. Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano.
Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania).
Despedida de Aida
Enviado por admin o Mar, 10/04/2012 - 20:51
Grazas, Aida, por todos estes anos de xenerosa dedicación ao ensino. Para toda a comunidade educativa do IES Mugardos foi un inmenso pracer aprender de ti e traballar contigo. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de xúbilo en compaña da túa familia. Saúde e xúbilo, mestra.
|
In memoriam Alberto Cintio
Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 19:01
Este martes recibimos a triste nova do falecemento de don Alberto Cintio. Grazas á sabedoría e xenerosidade deste sacerdote italiano, matemático e grande experto en astronomía, debemos o reloxio de sol da fachada oriental do noso instituto e, asemade, outros nas igrexas de Mugardos e Ares. Preme na imaxe para avanzar |
Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo
Enviado por admin o Xov, 22/03/2012 - 00:53Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón, represaliado e asasinado en 1936.
(Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)
Entroido, 2012
Enviado por admin o Ven, 24/02/2012 - 00:41
Gran entroidada inaugural Concurso de Repostería: 1º. Premio: 1ºESO-B Galería de imaxes
|
Concursos do Concello de Mugardos
Enviado por admin o Mar, 21/02/2012 - 22:46O Concello de Mugardos anuncia os concursos artísticos que se fallarán nos próximos meses. A maioría deles está aberto aos menores de 18 anos. Consulta as bases:
V Concurso de Poesía Concello de Mugardos - Día da Poesía (21 de marzo)
XV Concurso de carteis da Festa do Polbo
Recollida de tapóns solidarios
Enviado por admin o Mér, 15/02/2012 - 20:10
O Concello de Mugardos en colaboración con AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) convida a toda a comunidade educativa do IES Mugardos a colaborar na campaña de recollida solidaria de tapóns de plástico para axudar a Sonia, unha nena ferrolá de dez anos que padece Ataxia Telangiectasia. |
A cafetería do IES de Mugardos tamén colabora na recollida de tapóns solidarios.
Vía Deportiva. Didáctica para pais
Enviado por admin o Ven, 10/02/2012 - 16:39Educación en valores a través do baloncesto
Charla-coloquio dirigida a pais e técnicos impartida por FERNANDO ROMAY e JOSÉ MANUEL BEIRÁN
- DÍA: Venres, 17 de febreiro
- HORA: De 20:00 a 21:30 horas
- LUGAR: Santiago de Compostela. No Hotel NH Obradoiro
Confirmación de asistencia en didacticaparapadres@feb.es
Máis información en
www.fundacion-feg.org
Homenaxe a Amada García
Enviado por Serafín o Mér, 25/01/2012 - 18:07A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres unha homenaxe á figura da mugardesa Amada García en lembraza de todas as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. O acto terá lugar no Castelo de San Filipe, o 27 de xaneiro, ás 17:00 horas.
Currículo 4º ESO
Enviado por admin o Mar, 27/12/2011 - 14:254º ESO |
No impreso da matrícula deben facerse constar as seguintes opcións:
***Cultura Clásica e Taller de Inciciativas Empresariais, só cando xa se cursou en 3º ESO |
|
MATERIAS | Horas semanais |
|
|
3 | |
Lingua Galega e Lit. | 3 | |
Lingua Castelá e Lit. | 3 | |
Inglés | 3 | |
Ciencias Sociais | 3 | |
Educación Física | 2 | |
OPTATIVAS
|
3 | |
|
3 | |
|
2 | |
|
2 | |
Relixión Católica ou Alternativa á relixión |
2 | |
Titoría | 1 | |
CANTIGUEANDO POLO NADAL
Enviado por iseoane o Mér, 07/12/2011 - 23:35
CANTIGUEANDO POLO NADAL. CONCURSO DE CANCIÓNS POPULARES E PANXOLIÑAS Animádevos a participar!
Bases do concurso: Participarase por grupos. Cada aula debe escoller unha canción popular ou unha panxoliña en galego. Se non coñecedes ningunha, no arquivo que se achega podedes ver unha pequena selección de cancións. As panxoliñas podedes buscalas en internet nos seguintes enlaces: http://www.mundogaliza.com/todomusica/index.php/2008/10/23/panxolinas-en-youtube/ e http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html Debe participar toda a clase. A elección da canción ou panxoliña, unha vez realizada na clase, comunicarase ó Equipo de Dinamización Lingüística, a través do delegado, nunha reunión que terá lugar o venres 9 de decembro durante o primeiro recreo no salón de actos. Cada canción das propostas leva un enlace para poder escoitalas, por se non coñecedes a música, pero poden interpretarse dese xeito ou facer unha versión, por exemplo rapeada. O concurso terá lugar no salón de actos, o día 21 de decembro ó final da mañá. A aula que non participe deberá asistir á clase da materia correspondente. Equipo de Dinamización Lingüística |
Programa para a mellora do éxito escolar
Enviado por admin o Lun, 05/12/2011 - 20:40O PROGRAMA DE MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR do IES Mugardos está dirixido aos rapaces e rapazas de 2º e 3º de ESO e ten os seguintes obxectivos:
- Estimulalo e apoiar o seu gusto por aprender e as súas actitudes positivas.
- Contribuír a desenvolver ao máximo as súas capacidades.
- Ampliar a súa formación con temas interesantes, motivadores e que non formen parte do currículo escolar.
- Acrecentar e consolidar o seu afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais.
- Aumentar a súa implicación nas actividades do centro.
- Mellorar o seu rendemento escolar.
O programa consiste esencialmente no desenvolvemento de obradoiros e actividades formativas que se impartirán as tardes dos luns lectivos dende xaneiro de 2012 ata xuño do mesmo ano en horario de 16:15 a 18:00.
Estas actividades ou obradoiros serán impartidos por un equipo formado por doce profesores e profesoras do centro, organizados de xeito que como mínimo dous serán os encargados de realizar conxuntamente a actividade.
Folleto informativo (inclúe o calendario de actividades e o equipo de profesores/as)
Clases sen fume (2º ESO)
Enviado por Serafín o Mar, 15/11/2011 - 19:46CLASES SEN FUME é un concurso europeo para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).
Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o tabaco antes de que te enganche. Moitos rapaces empezan a fumar aos 11 anos e aos 14 xa son adictos.
Durante o concurso realizaredes unha serie de actividades que aumentarán os vosos coñecementos sobre o tema do tabaquismo ao tempo que vos divertides e podedes gañar grandes premios.
¿Que tes que facer para participar?
Comprometerte, xunto cos teus compañeiros da clase, a non fumar durante polo menos 6 meses, dende o 15 de novembro ata abril, incluíndo as fins de semana e as vacacións.
Axudarvos entre vós cando alguén teña tentacións de abandonar. Lémbrade que é un pacto entre todos e que se un falla, fallades todos. Se ocorre isto, intentade resolver a situación, coa axuda do voso titor ou titora.
Realizar as actividades de prevención do tabaquismo que che propoñemos.
¿Que podes gañar?
Saúde Non fumar é a mellor decisión que podes tomar.
Autoestima Ti es máis forte ca o tabaco e decides o que queres facer. Non deixes que ninguén nin nada decidan por ti.
Grandes premios
Estadías nun albergue con programa multi-aventura, MP4, entradas ao “Aquapark”...
Diploma e premio sorpresa para todos os participantes no concurso.
Comunícalles aos teus pais a túa decisión e anima a túa familia a participar contigo no concurso “FOGARES SEN FUME” que comeza en xaneiro.
Máis información en:
http://www.galiciasaude.es/clasessenfume
http://www.sergas.es/clasessenfume
Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo
Enviado por Serafín o Dom, 06/11/2011 - 14:52
O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.
I Magosto Solidario en Ares (5 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 02/11/2011 - 19:36O sábado, 5 de novembro, na Praza da Constitución de Ares, terá lugar o I MAGOSTO SOLIDARIO. A intención é recadar fondos cunha finalidade solidaria. A organización, coa colaboración do Concello de Ares, pide a participación de todos aquelas persoas que queiran botar unha man.
Podes atopar máis información na páxina de facebook:
https://www.facebook.com/event.php?eid=187195438023982
Limites educativos
Enviado por orientacion o Xov, 27/10/2011 - 12:05ALGÚNS PRINCIPIOS BÁSICOS PARA EDUCAR BEN
1. NÓS somos os Profesores/as /educadores/as o Centro Educativo só complementa
2. EDUCAR BEN é ensinar a : coñecer as propias posibilidades, desexar crecer, aceptar as nosas limitacións e as nosas virtudes de forma sá, é ensinar a vivir.
3. Educar ben é ENSINAR A ADAPTARSE A TODAS AS SITUACIÓNS: BOAS E MALAS.
4. Educar NON É PROPORCIONAR EXPERIENCIAS BOAS E AILLARSE DAS MALAS . É AXUDARLLE /S A APRENDER DELAS.
5. Para educar ben NON EXISTEN RECETAS, se aprende de experiencias concretas e logo se xeneraliza
6. Educar é unha TOMA DE DECISIÓNS CONSTANTE
7. As nósas decisións están moi influidas por CÓMO FOMOS EDUCADOS
8. Ser conscentes disto axuda a educar mais sensatamente
9. Educar ben a un fillo/a NON É COMPENSARLLE POLO QUE NÓS NON RECIBIMOS NA NOSA NIÑEZ .”Os rapaces/rapazas non nacen coas nosas carencias nin necesidades, non debemos crealas.
10. Debo ser conscente do QUE ME TRANSMITIRON CANDO ME EDUCARON.
11. Debo EDUCAR NO PRESENTE CON PERSPECTIVA DE FUTURO.
12. NON DEBO ANGUSTIARME.Senón podo, busco axuda
13. Para educar ben é necesario ter SENTIDO COMÚN
14. UNHA MALA ACTUACIÓN AGORA SE PAGA CON CRECES NO FUTURO
15. Moitas veces necesitaremos unha VISIÓN OBXETIVA DENDE FÓRA
16. Non dubides en pedir Orientación Educativa ainda que o problema pareza pequeño
17. NON EXISTEN OS SUPERPAIS/NAIS , todo o que te comente que a súa relación co seu fillo/a é perfecta, pode ser que necesite aparentar ou que non queira velos problemas
18. NADA É O MESMO para un fillo/a que para outro
19. Educar ben non é buscar as mesmas condicións para todos, senón é DAR A CADA FILLO/A O QUE NECESITA. Facelo así non é ser inxusto, axuda ós fillos/as a crecer aceptando a individualidade de cada ún.
20. Educando, VOU A COMETER ERROS
21. NON HAI ERRO QUE NON SE ENMENDE
22. Podo rectificar SIN PERDER A AUTORIDADE
23. Non importa o que aconteceu no pasado. SI HAI PROBLEMAS HAI QUE “COLLER O TORO POLOS CORNOS”.
24. POSITIVIDADE. Dille ao teu fillo/a o que che gusta e pon un límite ao que non che gusta
25. Un rapaz /a é unha antena parabólica constante. ENTERASE DE TODO. O IMITA TODO. O rapaz/a APRENDE MAIS DO QUE VE QUE DO QUE DECIMOS.
26. O maior desexo do rapaz/ a é CONTROLAR O ENTORNO
27. No entorno tamén estamos NÓS. Controlar as nosas reaccións lle fascinará, incluso ainda que sexa a costa de enfadarnos con él (“mamá sempre se pón bermella cando fago isto…….)
28. O rapaz/a necesita LIBERDADE CONDUCIDA
29. Senón poñemos limites á súa conduta, o fará él
30. NUNCA DEBO MENTIRLLE . Si o enfrento a aquelas cousas que non lle gustan pero que debe aceptar, lle preparo para asumir a realidade.
31. SI LLE MINTO FAREINO UN INMADURO ( necesitará que lle disfracemos as cousas para aceptalas ) E UN INSEGURO ( senón podo fiarme dos meus pais ¿ De quén me podo fiar?
32. Debo explicarle as cousas ( case sempre) e de forma breve
33. Ás veces os rapaces / zas necesitan un “ PORQUE O DIGO EU”
34. Levantar castigos ou encubrir os erros só é SOBREPROTECCIÓN. As persoas só aprendemos dos nosos erros si vivimos as consecuencias dos mesmos. CREAREMOS RAPACES /RAPAZAS INMADUROS INCAPACES DE ENFRENTARSE Á FRUSTRACIÓN.
35. O MAIOR DESEXO dun rapaz/rapaza é que seus pais ESTÉN PENDENTES DEL.
36. A atención que lle prestamos é a nosa mellor arma. QUÉN SABE CÓMO E CÁNDO PRESTAR ATENCIÓN AO SEU FILLO/A SABE EDUCAR.
Todos estes principios podemos resumilos no seguinte pensamento :
Na nosa actuación como Profesores/as e Educadores/as debe traslucirse o seguinte mensaxe:
· SÉ QUE PODES
· POR ISO TE ENSINO E TE ESIXO
· E COMO SEI QUE TE COSTA ESFORZO, O RECOÑEZO
Xustificante de faltas de asistencia
Enviado por admin o Lun, 26/09/2011 - 22:30Xustificante de faltas de asistencia para cubrir os pais, nais ou titores legais dos alumnos/as e entregar ao titor/a.
Tamén figura como documento adxunto que se pode abrir e imprimir.
Impreso: Xustificantes de faltas
Visto na prensa
Enviado por admin o Mar, 20/09/2011 - 23:27FIRMAN UN 'CONTRATO'
Padres se comprometen con un instituto a revisar los deberes de sus hijos
VILLENA (ALICANTE), 19 Sep. (EUROPA PRESS) -
Los padres de los alumnos de un instituto de Villena (Alicante) han firmado un 'contrato' muy particular con el centro por el que se comprometen, por escrito, a una serie de cuestiones encaminadas a mejorar el rendimiento escolar y la relación con los hijos, como revisar diariamente sus tareas escolares, establecer un horario de estudio, acudir a las reuniones del centro o fomentar el respeto al profesor.
Se trata de un decálogo que figura en el sobre de matrícula y que han firmado todos los padres de los casi 900 alumnos del Instituto Antonio Navarro Santafé para "intentar evitar el fracaso escolar" y "potenciar la responsabilidad" de los menores, así como "conseguir el respeto al profesorado", según explicó a Europa Press Televisión el presidente del AMPA, Juan Martínez.
Presentación para nais e pais (martes, 20 de setembro ás 18:00 horas)
Enviado por admin o Mér, 14/09/2011 - 16:52
PAIS E NAIS
(Titores legais de alumnos matriculados)
Presentación
do curso 2011-2012
Martes, 20 de setembro
18:00 horas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »