Skip to Content

Concurso Fotografía Matemática 2012

21/11/2011 08:30
04/05/2012 00:00
Etc/GMT+1

 

  IX Concurso de Fotografía e Matemáticas 

 

 

 

 

CONCURSO  FOTOGRAFÍA     DAG

Dispara, Achega e Gaña

 

 

·     Tema:    “Polígonos regulares ”

 

·     Haberá 3  premios, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles.

 

·     A fotografía deberá ser orixinal, en cor ou en branco e negro,  impresa en papel fotográfico e dun tamaño  mínimo de  18 cm x 24 cm e máximo de 24 cm x 30 cm. A técnica poderá ser convencional ou dixital, sen admitirse  retoques dixitais.

 

·     Poderá participar todo o alumnado do I.E.S. David Buján matriculado no curso 2011-2012 e cada concursante poderá presentar como máximo tres fotografías. Os restantes membros da comunidade educativa poderán participar na exposición que se fará ao remate do concurso.

 

·     Para participar deberá entregarse, na administración do instituto, un sobre que conteña:

®         A fotografía. (En papel fotográfico)

®      Un folio co título da fotografía, o lugar onde foi realizada e un breve comentario no que se   explique a relación co tema da convocatoria.

®     Un  pequeno sobre pechado no que, por fóra, figure o título da fotografía, e no interior, os datos persoais do autor ou autora, o título da fotografía e unha fotocopia do DNI.

 

·     A data límite de entrega será o día 4 de Maio de 2012

 

·     O xurado estará formado por membros dos departamentos de Debuxo e de Matemáticas e o seu fallo será inapelable.

 

·     Os fotografías presentadas poderán ser utilizadas para a súa exposición pública, e as premiadas quedarán en poder do instituto, debendo ser presentados os negativos ou, no caso dixital, unha copia en CD.

 

·     A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

 



event | by Dr. Radut