Skip to Content

Concurso de Fotografía DAG 2021

oncurso de Fotografía e Matemáticas

XVIII Concurso de Fotografía e Matemáticas

XIII Concur

 

 

 

18º  CONCURSO  FOTOGRAFÍA   DAG

    Dispara, Achega e Gaña

 

·     Tema:    Matemáticas na natureza

 

·      Haberá 3  premios, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles.

 

·      A fotografía deberá ser orixinal, en cor ou en branco e negro,  impresa en papel fotográfico e dun tamaño  mínimo de  18 cm x 24 cm e máximo de 24 cm x 30 cm. A técnica poderá ser convencional ou dixital, sen admitirse  retoques dixitais.

 

·      Poderá participar todo o alumnado do I.E.S. David Buján matriculado no curso 2020-2021 e cada concursante poderá presentar como máximo tres fotografías. Os restantes membros da comunidade educativa poderán participar na exposición que se fará ao remate do concurso.

 

·      Para participar deberá entregarse, na administración do instituto, un sobre que conteña:

o     A fotografía. (En papel fotográfico)

o    Un folio co título da fotografía, o lugar onde foi realizada e un breve comentario no que se   explique a relación co tema da convocatoria.

o    Un  pequeno sobre pechado no que, por fóra, figure o título da fotografía, e no interior, os datos persoais do autor ou autora, o título da fotografía e unha fotocopia do DNI.

 

·      A data límite de entrega será o día 1 de marzo de 2021

 

·      O xurado estará formado por membros dos departamentos de Debuxo e de Matemáticas e o seu fallo será inapelable.

 

·      Os fotografías presentadas poderán ser utilizadas para a súa exposición pública, e as premiadas quedarán en poder do instituto, debendo ser presentados os negativos ou, no caso dixital, unha copia do arquivo.

 

·      A participación no concurso implica a aceptación destas bases.



page | by Dr. Radut