Skip to Content

Eventos

« Venres Novembro 04, 2011 »
Ven
Start: 02/11/2011 10:26
End: 04/11/2011 10:26

O 31 de outubro celébrase o Samaín. Noite de bruxas, sapos e díaños.Nesta noite, din que se aproximan dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín?

A noite do 31 de outubro, celebrábase o aninovo celta, o paso do outono ao inverno. Nos días previos todas as familias facían sacrificios de animais, unha especie de matanza, non só,como un acto relixioso, senón tamén para aprovisionarse cara ao duro inverno. E tamén iluminaban as súas casas para que as ánimas dos seus antepasados non se perderán na escuridade da noite e puidesen chegar ao seu fogar.

No centro imos facer un concurso de caveiras de cabaza . Trae a túa entre os días dous e tres. O día catro de novembro o xurado decidirá quen son os gañadores. PARTICIPA!!

Para saber máis preme aquí

Start: 04/11/2011 00:00
End: 04/11/2011 23:00


II Día da Ciencia en Galego


O vindeiro 4 de novembro celébrase o II Día da Ciencia en Galego. Está dedicado á muller na ciencia e á quimica, porque este ano celébrase o Ano internacional da Química. O motivo principal para declarar o 2011 Ano Internacinal da Química  é o centenario do Premio Nobel de Química outorgado no 1911 a Marie Curie polo descubrimento do radio e polonio.


Marie Curie é a primeira muller que recibe un  Premio Nobel . En 1903 recibe o primeiro, o da Física,  xunto ao seu marido, Pierre Curie, polas súas investigacións sobre os materiais radiactivos. É tamén a primeira muller que recibe dous, pois vai recibir o segundo, o da Química, en 1911.


Este ano tamén está dedicado a unha investigadora, matemática, coruñesa: María Josefa Wonenburger. Esta  foi a pimeira muller que se licenciou en Matemáticas na Universidad Central de Madrid, 1950. Foi tamén a primeira en conseguir  unha beca Fullbright para facer o seu doutoramento na Universidade de Yale. Os seus estudos centráronse na teoría de grupos de semellanzas e alxebras de Lie.  Aquí deixamos un enlace a un vídeo homenxe a esta importante figura. http://youtu.be/1V3pgZqSuIA

Start: 04/11/2011 12:30

 



Con motivo da celebración II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO  o vindeiro venres 4 de novembro, o noso centro vai participar nunha videoconferencia vía web (con intercción vía chat) que organiza a Coordinadora Galega de ENDL e na que o Catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo disertará sobre Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial.


Asistirán os alumnos de 1º BAC

Distribuir contido


by Dr. Radut