Proxectos de innovación educativa
1º BAC
Lingua e Literatura Galega 1º BAC
Ola!
Queridas, esforzadas e traballadoras alumnas e alumnos:
Propóñovos unha nova cita virtual e última por este curso. Xa non hai máis tarefas novas.
En Webex o xoves 18 de xuño ás 12'15 horas, dentro do noso horario habitual:
NÚMERO DE REUNIÓN: 121 196 9505
CONTRASINAL: 9AErzvtP
Védesme ou vémonos, se me deixades! ;)
Lingua e Literatura Galega 1º BAC
Ola!
A última tarefa do curso, creo!
Un comentario poético: o poema da páxina 351. Hai unhas preguntiñas que vos poden servir de guía para o comentario, pero quéroo coma sempre (Forma: métrica, rima, estrofa, recursos literarios/ Contido: Tema, Resumo e Valoración Crítica)
Ademais aconséllovos ler algo sobre a vida e a obra do autor, para comprender mellor de que fala. Hai moito escrito sobre este poema, interpretacións varias, eu quero as vosas, persoais, aínda que non sexan tan boas.
Moito ánimo e vémonos en breve!
Lingua e Literatura Galega 1º BAC
Ola!
Como diciamos onte, aquí vos deixo as novas tarefas cos Verbos Irregulares, están no Tema 6 do voso libro de texto (páx. 122) e no Anexo gramatical (páxinas 381-391).
-Exercicios 1, 2, 3, 4 e 10 das páxinas 130-133. Para ir entregando na vindeira semana ao voso ritmo.
-A proba de verbos irregulares vai en adxunto, data límite de entrega o
martes 9 de xuño.
-Lembrade que a nova data de entrega para os traballos voluntarios dos libros de lectura é o venres 12 de xuño.
Premanezan atentos ás súas pantallas para ver cal será o vindeiro comentario poético.
Lingua e Literatura Galega 1º BAC
Bo día!
Convócovos a unha Reunión en Webex para mañá día 4 de xuño ás 12'15. Perdoade a premura, temos algunhas cousiñas das que falar. Agardo que vos avisedes uns a outras e viceversa.
As claves para conectarvos:
Número da Reunión: 121 111 1231
Contrasinal:J74UuQTm
Vémonos!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »