Proxectos de innovación educativa
INSTRUCIÓNS PARA OS EXAMES FINAIS DE XUÑO - 2º ESO e 4º ESO
INSTRUCIÓNS PARA OS EXAMES FINAIS DE XUÑO - 2º ESO e 4º ESO
1.-Por causa dunha baixa médica do profesor, e para que teñades a maior seguridade posible na data de realización das probas (evitando novos cambios de última hora) queda anulado o calendario de exames que votarades na aula, excepto o teórico de 4º da ESO. Lamentamos ben os inconvenientes que isto sen dúbida vai provocar.
2.-O que poñemos abaixo será o novo calendario. Para calquera dúbida, contactade comigo a través da Aula Virtual.
3.-Como veredes, nos dous grupos o exame teórico será durante o horario normal de clase. Para o práctico o periodo lectivo indicado pode variar, pero en principio non cambiar de día (luns 20).
ATENCIÓN: Só resulta posible facer o exame práctico fóra do horario normal de Lingua Galega; polo tanto, as alumnas e alumnos que farán ese exame teñen que pedir antes permiso ao profesor/a da materia que lles toca o luns 20 despois do lecer.
Se coincidise outro exame precisamente a esa hora, poñédevos canto antes en contacto comigo e buscamos outra durante a mesma mañá -ou en último extremo o martes 21.
|
2ºA ESO |
2ºB ESO |
4º ESO |
EXAME TEÓRICO |
LUNS 20, 10:10 a 11:00 |
MARTES 21, 12:20 a 13:10 |
LUNS 20, 9:20 a 10:10 |
EXAME PRÁCTICO (AULA 4º ESO)* |
LUNS 20 , 11:30 a 12:20 |
LUNS 20 , 11:30 a 12:20 |
LUNS 20 , 11:30 a 12:20 |
*PODE HABER CAMBIO DE ÚLTIMA HORA NA AULA E INCLUSO NO HORARIO. PRESTADE ATENCIÓN |
.