Proxectos de innovación educativa
Lingua e Literatura Galega 1º BAC
Ola!
A última tarefa do curso, creo!
Un comentario poético: o poema da páxina 351. Hai unhas preguntiñas que vos poden servir de guía para o comentario, pero quéroo coma sempre (Forma: métrica, rima, estrofa, recursos literarios/ Contido: Tema, Resumo e Valoración Crítica)
Ademais aconséllovos ler algo sobre a vida e a obra do autor, para comprender mellor de que fala. Hai moito escrito sobre este poema, interpretacións varias, eu quero as vosas, persoais, aínda que non sexan tan boas.
Moito ánimo e vémonos en breve!