Proxectos de innovación educativa
Converter varias imaxes a PDF
Enviado por alexandra o Mér, 27/05/2020 - 07:57
Con tanto envío que facer, ás veces atopámonos con varias imaxes para mandar dunha soa vez, tanto por correo electrónico como por Edmodo ou Moodle. O ideal é xuntar esas imaxes nun pdf, porque así aforramos andar con tantos arquivos e no pdf pódense facer comentarios e correccións. Nesta infografía de Alexandra Cabana Outeiro e Anxos Romeo Barreiro ensínannos a xuntar imaxes nun só pdf de maneira rápida e doada.
Pódese descargar nos adxuntos tanto en formato imaxe como en pdf (que permite abrir as ligazóns).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ARB_ACO_Como converter varias imaxes ou fotos a PDF.png | 671.58 KB |
ARB_ACO_Como converter varias imaxes ou fotos a PDF.pdf | 877.37 KB |