Proxectos de innovación educativa

         

 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Queridas alumnas e alumnos de 1º:

Que tal levades a corentena? Agardo que estudando un pouco cada día.

Para esta semana un pouco de literatura:

TEMA 13 - A LITERATURA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS -

- Ides preparando uns esquemas ou resumos, son fáciles de facer, das páxinas 286, 287, 288 e 289.

- Tamén imos facer un comentario poético, isto xa non son cantigas, volvemos á poesía clásica, métrica, estrofas e recursos tradicionais. Páxina 292 "Respice finem" de Pedro Vázaquez de Neira. Facedes métrica, rima, estrofa e recursos literarios, ademais contestades ás tres preguntas que acompañan ao poema.

Quería recomendarvos algunha lectura en galego, sei que as librarias e as bibliotecas están pechadas, pero a tecnoloxía pode permitirnos ler algo. Aquelas e aqueles que poidades buscade algunha lectura axeitada á vosa idade. Facédeo ben presentadiño, para entregalo cando nos volvamos ver. 

Non debería, pero vou deixar o meu correo, para dúbidas, cosultas ou o que precisedes: natie@edu.xunta.es

Saúde e Terra!

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL