Proxectos de innovación educativa
Matemáticas II 2ºBAC, Matemáticas Aplicadas 4ºESO e Matemáticas 2ºESO (Curso 19-20)
Ola! Espero que todas e todos esteades ben
Ante a suspensión de clases e, en vista de que esta situación parece que pode prolongarse, recórdovos que é importante manter un certo ritmo de traballo para non alterar demasiado a marcha do curso.
E paso agora tamén a recordarvos o traballo proposto xa nas clases, aproveitando para dicirvos que podedes contactar comigo para calquera dúbida ou problema que xurda a través do correo electrónico que vos din na aula.
Matemáticas II 2ºA BAC:
- Repaso de Xeometría do espazo. Tal e como van os acontecementos é pouco probable que poidamos ter o segundo exame ou recuperación previsto para o 2 de abril, pero recordade que o faremos tan pronto como poidamos.
- Revisión e estudo de Análise de 1ºBAC (teoría e problemas).
- Resolución do boletín de problemas de selectividade entregado o último día (moitos dos exercicios correspóndense cos vistos en 1ºBAC e serviranvos de repaso desa materia)
- Revisión dos teoremas de Análise (de continuidade, Rolle e valor medio) e dos exercicios relativos aos mesmos
Matemáticas Aplicadas ás CCSS 4º ESO:
- Repaso dos temas 5 e 6. Podedes facer os apartados que veñen ao final destes temas “Comprueba lo que sabes” e “Practica”
- Estudo do tema 7. Exercicios da páxina 129 e os do final do tema ata o 84 da páxina 136
Matemáticas 2ºESO
- Repaso dos temas 5 e 6.Podedes facer as autoavaliacións que veñen ao final de cada tema.
- Tema 7.Estudo do tema e resolución de todas as ecuacións do mesmo (recordade que xa resolvemos moitas na clase e que demos as solucións de case todas as que quedaban).
- Tema 8. Podedes ir lendo polo libro os contidos das páxinas 160, 161, 162, 163, 164 e 165. E podedes, mirando os exemplos resoltos, resolver os exercicios das tres últimas (xa teñen solucións).
Ánimo!
Un saúdo,
Elisa