Proxectos de innovación educativa
REAPERTURA ADMISIÓN DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO
Enviado por noelia o Mér, 06/05/2020 - 07:50Reábrese o prazo para admisión de alumnado do 11 ao 18 de maio en horario de 10:00 a 13:00 h con CITA PREVIA no número de teléfono 982 870 144
Este proceso só é para alumnado de nova incorporación que non pertenza a un centro adscrito.
Poden facelo presencialmente no centro ou ben de forma telemática:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
RECOMENDACIÓNS:
- Uso de mascarillas
- Na medida do posible, levar a documentación xa cuberta (Se non poden facer a admisión telemática poden descargar a documentación necesaria para levar ao centro no mesmo enlace indicado anteriormente)
Recursos TIC ALFIN/AMI_Instrucións para entregar as túas tarefas en fotografía
Enviado por alexandra o Mar, 14/04/2020 - 11:27A miúdo facemos tarefas á man, e temos que pasalas a imaxe dixital para entregalas. Esta infografía feita por Alexandra Cabana e Anxos Romeo achega claves para facer ben as fotografías e que as nosas tarefas queden ben presentadas. Poden descargala completa nos ficheiros, ben en jpg, ben en pdf.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE CARA Á 3ª AVALIACIÓN
Enviado por noelia o Mar, 14/04/2020 - 03:49Neste intre non temos indicacións da nosa Consellería para poder informarvos debidamente de como será o transcorrer desta atípica 3ª avaliación. Estamos á espera da reunión entre Conselleiros e Ministro para poder comunicarvos a liña de traballo que se levará a cabo.
Saúde e moito ánimo!!!
ALUMNADO, FAMILIAS E DEMAIS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA
Enviado por teresa o Ven, 03/04/2020 - 09:42Imaxinamos que para o alumnado e as familias, ao igual que para o conxunto do profesorado, estas últimas semanas foron moi complicadas.
Ademais das nosas responsabilidades habituais no eido laboral, familiar, etc, tivemos que acostumarnos sen período de adaptación previo a unha situación inédita que non trae libro de instrucións, e con moitas máis dúbidas que certezas.
Familias e alumnado
Agradecemos moito a alumnado e familias a súa contribución e esforzo para continuar entre todas/os co proceso formativo.
Profesorado
Por suposto, dende o equipo directivo agradecemos a todo o profesorado a súa dispoñibilidade e entrega na procura de solucións para manter o contacto co seu alumnado.
Novas ferramentas
Estamos traballando para poñer a disposición da comunidade educativa novas ferramentas que nos permitan desenvolver o traballo de forma máis eficaz e coordinada, e que axilicen a comunicación entre familias – alumnado co profesorado.
Persoal non docente
Agradecemos tamén ao conxunto de persoal non docente a súa disposición a colaborar.
Vacacións
Desexamos que estes días de descanso nos sirvan a todas/os para desconectar, descansar e tamén divertirnos na medida en que as actuais circunstancias nolo permitan.
Afondamos na petición de seguir estritamente as instrucións das autoridades, xa que superar isto só é posible coa contribución de todas e de todos.
Saúde !!!
Moitas grazas e moito ánimo!!!.
ORGANIZÁNDONOS DE CARA AO 3º TRIMESTRE
Enviado por noelia o Mar, 31/03/2020 - 07:14Familias, alumnos e alumnas,
gustaríanos organizarnos de cara ao 3º Trimestre coñecendo os recursos cos que contades para traballar dende a casa e así preparar o material axeitado a cada necesidade.
Para elo pedímosvos que na maior brevidade posible fagades chegar os datos que se amosan na táboa aos vosos titores e titoras.
Facede constar:
Nome e apelidos do alumno/a e curso
Se dispón de:
- ordenador (Propio ou compartido)
- Wifi na casa
- Teléfono con conexión a internet
- Outros dispositivos electrónicos como táblets,...
- Enderezo electrónico de pai/nai/titor/titora
- Enderezo electrónico do alumno ou alumna
2ª AVALIACIÓN
Enviado por noelia o Ven, 27/03/2020 - 05:22Boas familias!
O venres 3 de abril estarán as notas da 2ª avaliación.
Podedes velas a través da aplicación "abalarMóbil" que precisades descargar. Se alguén ten algunha dúbida pode poñerse en contacto co centro telefónicamente ou no enderezo electrónico en horario de 10:00 a 13:00 h.
Moito ánimo a todos!!!
Contacto:
Teléfono: 982 870 144
Enderezo electrónico: ies.terra.cha@edu.xunta.es
Como acceder aos contidos e ás tarefas?
Enviado por noelia o Xov, 26/03/2020 - 13:49Alumnas e alumnos!
para acceder aos contidos, tarefas ou instrucións das diferentes materias hai dúas opcións:
- Seleccionar o DEPARTAMENTO correspondente á MATERIA e buscar o contido/tarefa que sexa do voso curso.
- Seleccionar CURSO no bloque ALUMNADO e, dentro deste, o voso (por exemplo 1º ESO). Aí tedes todo o que o profesorado foi colgando (instrucións, materiais, tarefas, etc.). Tede en conta que aparecerán, en primeiro lugar, as publicacións máis recentes.
NOTA
No caso de que non atopedes as materias en CURSOS, podedes ir ao DEPARTAMENTO correspondente e buscar alí a información.
Ademais...
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN elaborou unha GUÍA para acceder aos contidos e axudarvos na organización dos mesmos.
Pinchade no arquivo adxunto
Saúdos!!
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS por mor do COVID-19
Enviado por ana o Mér, 25/03/2020 - 13:09As funcións de orientación seguirán activas. Realizaranse a distancia e a través do teletraballo. Todo o alumnado, así como nais/pais e titores/as legais, poderán poñerse en contacto coa orientadora a través do seguinte correo electrónico:
É importante identificar a consulta no CORPO do correo electrónico a través de nome e apelidos máis curso escolar do alumno/a.
Darase unha resposta o máis rápido posible. En caso de ser necesario contactar telefonicamente, poden enviar correo electrónico co número de teléfono e farase chamada o antes posible.
Por outro lado, farase uso dos seguintes recursos para facilitar información de interese:
- WEB do centro
-FACEBOOK do centro: Ies Terra Cha Trapero Pardo
-INSTAGRAM do Dpto. de Orientaciónn: orientacion.iesterracha.castro
A ORIENTACIÓN ACADÉMICO- PROFESIONAL realizarase a través da AUTOORIENTACIÓN do propio alumnado, mediante o PANEL DE INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL que podemos atopar no apartado de ORIENTACIÓN desta web e que se difundirá a través do Facebook e o Instragram antes indicados. Para calquera consulta máis específica, poderán facelo a través do correo arriba indicado.
Calquera orientación ou dúbida que poida xurdir, e que a ORIENTACIÓN DO CENTRO poida solucionar, poñédevos en contacto co Departamento de Orientación: planificación e organización de estudos, orientación académico profesional, ABAU, técnicas de estudo, atención e acompañamento ao alumnado con necesidades educativas, información sobre estudos, ... etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »