Proxectos de innovación educativa
#SEGURIDADEIGUALDADEPRIORIADADE
Enviado por noelia o Mar, 30/06/2020 - 08:59Asesoramento de pedimentos á Biblioteca
Enviado por alexandra o Ven, 26/06/2020 - 16:14Non sabes que levar para o verán? Mándanos un mail a bbtk.iesterracha@gmail.com ou unha mensaxe por Instagram a @bbtk.iesterracha e dinos o título dalgunhas películas e libros que che gustaran e os teus gustos e farémosche unha escolla que che vai gustar!
Préstamos da Biblioteca
Enviado por alexandra o Ven, 26/06/2020 - 16:12Chegou o verán e hai que facer provisión de libros e películas para este novo tempo. Ampliamos o número de préstamos a 6 libros e/ou películas que queiras levar, non os tes que devolver ata setembro. Consulta o catálogo da biblioteca en OPAC Meiga (busca en Google ou preme nesta ligazón). Queres un libro en concreto? Busca por títulos. Gustouche o de algunha autora e queres ler outro dela? Busca por autoras/es. Tes preferencia por algunha temática en especial? Busca por materias, como misterio, amor, flora, aves...
Fai unha listaxe de ata 8 títulos, asignarémosche ata 6 segundo a orde na que os pidas, e por orde de chegada dos pedimentos. Manda a listaxe por mensaxe ó Instagram @bbtk.iesterracha ou por correo electrónico a bbtk.iesterracha@gmail.com, achegando o teu nome completo e número de lector/a se o lembras.
Os encargos recolleranse na biblioteca o martes 30 de xuño no horario que tedes na imaxe.
Enlace ó catálogo:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LED022
Devolucións da Biblioteca
Enviado por alexandra o Ven, 26/06/2020 - 16:01Chega o tempo de recoller os libros e as películas que poidades ter da biblioteca. Gárdaos nunha bolsa pechada na que inclúas o teu nome completo e número de lector/a da biblioteca se o lembras. Esa bolsa entrégalla á persoa titora o día que entregues os libros de texto, ou en conserxería calquera día antes do martes 30 de xuño.
OFERTA EDUCATIVA - CICLOS FORMATIVOS
Enviado por noelia o Ven, 26/06/2020 - 03:44Oferta de Ciclos Formativos no IES da Terra Cha.
ENTREGA DE LIBROS
Enviado por noelia o Dom, 14/06/2020 - 08:16Co fin de evitar aglomeracións e realizar unha entrega de libros segura, creamos un calendario de entrega dividigo en grupos e rango de apelidos.
Pinchade no enlace para comprobar o voso día de entrega.
MATRÍCULA ABAU
Enviado por noelia o Lun, 08/06/2020 - 05:43Para axilizar a matrícula da ABAU sen aglomeracións no Centro, imos organizar a matrícula por curso e apelidos:
1o de xuño: 2ª BAC A
9:00 a 11:00 h - De Chao a Iglesias
11:00 a 13:00 h - De Lozano a Veiga
11 de xuño: 2ª BAC B
9:00 a 11:00 h - De Alvariño a Díaz
11:00 a 13:00 h - De Folgueira a Pollán
12 de xuño: 2ª BAC B
9:00 a 11:00 h - De Ramos a Zapata
Na medida do posible traede os impresos cubertos. Se precisades axuda estará a orientadora no Centro.
Enlaces para descargar os impresos:
https://ciug.gal/PDF/impreso_taxas_abau.pdf
https://ciug.gal/PDF/impreso_matricula_abau_bach.pdf
No centro recolleredes o impreso para pagar as taxas do título. Este impreso podedes recollelo antes.
PRAZOS DE RECLAMACIÓN 2º BACHARELATO
Enviado por noelia o Xov, 04/06/2020 - 06:44PUBLICACIÓN DE NOTAS
8 de xuño
RECLAMACIÓNS NO CENTRO
10 e 11 de xuño ata ás 14:00 h
RECLAMACIÓNS ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN
Durante as 24 horas posteriores á resolución dos departamentos.
Converter varias imaxes a PDF
Enviado por alexandra o Mér, 27/05/2020 - 07:57Con tanto envío que facer, ás veces atopámonos con varias imaxes para mandar dunha soa vez, tanto por correo electrónico como por Edmodo ou Moodle. O ideal é xuntar esas imaxes nun pdf, porque así aforramos andar con tantos arquivos e no pdf pódense facer comentarios e correccións. Nesta infografía de Alexandra Cabana Outeiro e Anxos Romeo Barreiro ensínannos a xuntar imaxes nun só pdf de maneira rápida e doada.
Pódese descargar nos adxuntos tanto en formato imaxe como en pdf (que permite abrir as ligazóns).
AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por noelia o Mar, 19/05/2020 - 07:20Do 20 de maio ao 19 de xuño, ábrese o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar.
Tal e como ditan as instucións, a presentación de solicitudes será preferiblemente telemática e de non ser posible farase en horario de 9:00 a 13:30 h.
ORGANIZAMOS A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS, PREFERIBLEMENTE NOS SEGUINTES DÍAS:
Os que pasen a cursar 1º ESO: 21, 22, 25 e 26 de maio
Os que pasen a cursar 2º ESO: 27, 28, 29 de maio e 1 de xuño
Os que pasen a cursar 3º ESO: 2, 3, 4 e 5 de xuño
Os que pasen a cursar 4º ESO: 8, 9, 10 e 11 de xuño
Enlace para a solicitude telemática:
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »