Proxectos de innovación educativa

         

 

1º BAC

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!

Imos traballar un pouco máis, só dúas cousiñas:

-Unha proba de verbos regulares e semirregulares, para enviarme antes do luns 25 de maio, é un ficheiro adxunto.

-Un comentario poético, ben feitiño: Forma (métrica, rima, estrofa e recursos literarios) e Contido (tema, resumo, valoración crítica). Para enviar tamén, pero tedes ata o 5 de xuño.

---O poema de Rosalía de Castro da páxina 338 do voso libro de texto "Tecín soia a miña tea", hai unhas preguntas ao final que poden axudarvos coa valoración crítica. Podedes comentar aspectos da lingua que emprega a autora.

*Reenvío outro ficheiro co esquema do traballo dos libros, como pedirades.

Ánimo e a traballar!

 

Actividades terceiro trimestre

Actividade:

POÑER EN PRÁCTICA NA SUA VIDA DIARIA NESTA TERCEIRA AVALIACIÓN, OS CONCEPTOS APRENDIDOS DURANTE A PRIMEIRA E A SEGUNDA AVALIACIÓN DO CURSO

Metodoloxía:

RECORDO E VISUALIZACIÓN DE PELÍCULAS CON MENSAXES RELIXIOSOS E MORALES. LECTURA DA BIBLIA (NOVO TESTAMENTO), E OTROS LIBROS COMENTADOS NA AULA.

Recursos:

INTERNET, DVDs, LIBROS.

Hª do Mundo Contemporáneo, 1º de BAC - Programación didáctica

Pódese consultar no documento adxunto a programación da materia de Hª do Mundo Contemporáneo feita para o curso 2023-2024 pola profesora Alexandra Cabana Outeiro.

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Vémonos esta semana, o xoves 14 de maio ás 12'15, á quinta hora. Consultamos dúbidas e explicamos algunha cousiña dos verbos, seguro que xa están dominados.

As claves da cita virtual:

ID da reunión: 237 004 637

CONTRASINAL: VX8MbS2N

Agárdovos!

 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Boa tarde!

Estou a corrixir, pero sodes muitos e vou tardar un bocadinho :)

Para non vos aburrirdes, poño máis tarefas. Esta vez son dous textos en prosa con tres preguntiñas para ler e reflexionar, razoar e argumentar.

-páxina 295 - Texto de Manuel Murguía - ler e contestar as tres preguntas

-páxina 315 - Prólogo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Idem. A primeira pregunta di que escoitedes ese texto, é fácil de atopar en youtube, Rosalía 21, Abe Rábade e Anxo Angueira, aí ademais podedes encontrar versións musicais de varios poemas de Rosalía, dos que hai no voso libro "A xustiza pola man" e "Tecín soia a miña tea".

Adxunto o exercicio 8 dos verbos para que autocorrixades, se hai dúbidas xa sabedes onde estou. Ánimo!

 

 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!                                                                      28 de abril

En primeiro lugar temos que a clarar o que pasou o xoves 23, algo alleo á miña vontade e á vosa (?), polos vosos correos entendo que non foi un plantón, como pensei ao ver que ninguén se conectaba. Descoñezo onde estivo o problema, pero por se vos serve de axuda, onte tiven outra charla virtual con 2º de ESO e o problema que tiñan algúns resolveuse ao descargar a aplicación e entrar dende ela. Creo que esa é a forma máis segura.

Vémonos este xoves día 30 de abril ás 12'30 durante unha hora. Quero explicar algunha cousiña sobre o verbo, imos poñernos a repasar aconxugación regular.  Aí van as claves:

ID da reunión: 246 641 480

Contrasinal: MvgumyTq 

Tarefa para esta semana : TEMA 6 VERBO (1)

Ler teoría  das páxinas 120, 121 e 122 até o punto 3, ese xa non. Exercicio 8 da páxina 133. Explcareino o xoves, polas posibles dúbidas.

A ver se temos sorte!

 

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL