Proxectos de innovación educativa

         

 

2º ESO

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

CLAVES CORRECTAS

ID: 234 217 571

CONTRASINAL. BkV2tJFG

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola a todas!

e a todos tamén...

Pido desculpas polo desta mañá, sinto moito tervos deixado plantados. Foime imposible estar a esa hora na casa (e non fun á pelu... :) )

Teño nova reunión planificada para mañá a cuarta hora (11'00 a 11'50)

ID da reunión: 242 967 282

Contrasinal: f2whenDv

Espérovos mañá! 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola!                                                            28 de abril

A cita virtual de onte non estivo mal, imos facer outra na que espero ver a todas e todos e poder explicar algunhas cousas sobre os verbos, seguimos repasándoos. Adxunto unha nova proba para que vaiades practicando.

A nova cita será o mércores 6 de maio na hora de Lingua galega, algo modificada no horario polo Webex, de 12'30 a 13'30. A mellor maneira de conectarse é descargando a aplicación e entrando dende ela coas seguintes claves:

ID da reunión: 242 967 282

Contrasinal: f2whenDv

Ademais ides ter que enviarme ao correo, antes do luns 4 de maio, unha redacción de 15 liñas mínimo, a idea está na páxina 156 do voso libro de texto, na Expresión escrita podedes elixir o exercicio 6 ou o 7. Ollo coas faltas de ortografía! Podedes ler o fragmento de Sira e o robot das páxinas 154 e 155 para imaxinar ese futuro...

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Parece que tedes problemas de conexión. Creo que tedes que descargar a aplicación 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Poño agora as claves para a reunión de hoxe luns 27 ás 11'30:

URL DA REUNIÓN:

https://eduxunta.webex.com/meet/natie

O alumnado accede cos seguintes datos:

USUARIO: o nome completo do alumno

e-mail: nonresponder@edu.xunta.gal

ID da reunión: 232 680 543

contrasinal: nEpV7MDb

Sei que é un pouco tarde, despisteime. Síntoo! 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Bo día!                                                                                           22 de abril 2020

Continuamos traballando dende casa de momento, agardo que teñades os exercicios nas vosas libretas de galego, porque é posible que poida corrixilas alá para maio. Falei co voso titor e sei que estades facendo as tarefas, tedes o meu correo para calquera consulta que queirades facer.

Imos seguir repasando os verbos e agora van ser algúns con certas peculiaridades. Están nas páxinas 197 ata a 200 do Apéndice Gramatical. Xa sei que son moitos, pero son fáciles e non hai que "chapalos", só fixarse en que se conxugan de forma diferente ao castelán. Buscade as diferenzas e facede os exercicios: 10, 11, 12 e 18 das páxinas 108 e 109. 

Tamén quero facer con vós unha videoconferencia, através de Webex, non sei se xa empregastes esta ferramenta, pero vai ser interesante vernos e poder falar. A cita é para o luns 27 de abril a cuarta hora, a partir das 11'30, na nosa hora. Espero que os de Agrupamento tamén poidan conectarse, se non buscarei outra hora para eles. Cando teña creada a sala, comunícovos os códigos.

Deica logo!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Que tal o descanso? Seguro que volvemos con ganas de traballar. Imos con novas tarefas:

TEMA 5

ORTOGRAFÍA: Grupos consonánticos: -CC- e -CT- nas páxinas 106 e 107, facemos todos os exercicios e atentos/as ás cousiñas que están nas marxes, son importantes! 

REFORZO:Páxina 108 - Facemos os exercicios 4, 5, 6 e 9. As redaccións son de 10 liñas mínimo.

Seguide repasando a Conxugación Regular e, se pode ser, lede en galego!

Déixovos  o meu correo para dúbidas ou o que precisedes: natie@edu.xunta.es

Vémonos pronto!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Tudo bem?

Agardo que esteades traballando moito e que xa saibades a conxugación dos verbos regulares en galego. Por iso hoxe vou poñervos unha proba, para ir practicando. A idea é que a contestedes sen libro e despois fagades unha auto-corrección, as trampas son unha parvada suprema. Un exame de verbos parécese moito a isto:

1º.- CONXUGA:

Presente de Indicativo: vivir e varrer

Pretérito de Subxuntivo: servir e bailar

Pretérito de Indicativo: andar e partir

Presente de Subxuntivo: comer e saltar

Infinitivo Conxugado: cantar e subir

Futuro de Sunxuntivo: cantar e correr

Antepretérito de Indicativo: amar e bater

  

 2º.- INDICA: persoa, número, tempo, modo, verbo e conxugación.

-obedezamos

-bailardes

-subistes

-cantaría

-estudaches

-caerades

-oio

-escribiren

-saíu

-marchen

MOITO ÁNIMO!!!

Lingua e Literatura Galega

Miñas queridas alumnas e alumnos de 2º de Eso:

Agardo que estes días non se fagan demasiado aburridos para vós, para que poidades seguir aprendendo aí van algunhas tarefas máis.

Por se algún despistado/a non sabe que o último día de clase xa puxen tarefas, aí van en primeiro lugar, deberían estar feitas:

 - TEMA 4:

Rematámolo facendo todos os exercicios da páxina 90.

- TEMA 5:

Lectura da páxina 93, ler con calma e ler en voz alta tamén, para practicar.

Exercicios da páxina 94: 1,2,3,5 e 7  Continúan na páxina 95 e facemos todos os exercicios.

Tamén facemos todos os exercicios das páxinas 100 e 101, precisades dicionario para o vocabulario.

- TAREFA NOVA -          SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Empezamos co VERBO, materia de estudo para exames vinderiros. Páxinas 104 e 105 cos exercicios incluídos. Debedes completar isto coa memorización da Conxugación Regular dos verbos da páxina 197 do Apéndice gramatical (verbos modelo: andar, varrer e partir)

Temos que sabelos perfectamente! Recomendo aprendelos escribíndoos varias veces...

Para variar, algo de ortografía nas páxinas 106 e 107, tamén todos os exercicios. 

Coidádevos moito e aproveitade o tempo. 

Vai correr tudo bem! Até breve...

Seguemento do traballo de Lingua Castelá e Literatura de 2º ESO

Ola a todas e todos,

Durante estes días nos que manteremos contacto virtual, lémbrovos que, polo momento, continuaremos a comunicarnos a través do meu correo electrónico, ata novo aviso (ecvillamarin@edu.xunta.es). 

Calquera cambio na forma de comunicación será avisado a través desta páxina web, así como a través das direccions de correo que xa estamos empregando.

Un saúdo a todas e todos, e ata moi pronto!

 

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL