Skip to main content

Bacharelato Ciencias _ Que é *

Que é o Bacharelato de Ciencias?

O bacharelato comprende dous cursos académicos. Forma parte da fase postobligatoria e pódese acceder a él co título de graduado en ESO ou título de técnico tras cursar a FP de grao medio.

As asignaturas propias da modalidade son en 1º Bacharelato, Matemáticas I, Bioloxía e xeoloxía, Debuxo técnico, Física e química e Tecnoloxía industrial.

En 2º bacharelato son asignaturas propias da modalidade: Matemáticas, Bioloxía, Ciencias da terra e ambientais, Debuxo técnico II, Electrotécnia, Física, Química, Tecnoloxía industrial II e Xeoloxía.

O bacharelato permite acceder a ensinanzas superiores universitarias, ciclo superior de FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas, ensinanzas deportivas de grao superior e ensinanzas militares.