Enviado por Anónimo o Mar, 27/09/2016 - 14:47
As TIC desenvólvense a partir dos avances científicos producidos nos ámbitos da informática e as telecomunicaciones. As TIC son o conxunto de tecnoloxías que permiten o acceso, produción, tratamento e comunicación de información presentada en diferentes códigos (texto, imaxe, video, son...) O elemento máis representativo das novas tecnoloxías é, sen dúbida, o ordenador e, máis específicamente, Internet. Como indican diferentes autores, Internet supón un salto cualitativo de gran magnitude cambiando e redefinindo os modos de coñecer e relacionarse das mulleres e dos homes.
Temario
1º Bacharelato |
2º Bacharelato |
Bloque I. A sociedade da información e o computador
- Concepto de sociedade da información.
- O sector das TIC: composición e características.
Bloque II. Arquitectura de computadores
- Bloques funcionais dun sistema microinformático e compoñentes de cada bloque funcional.
- Compoñentes dos sistemas microinformáticos
- Periféricos básicos
- Dispositivos de almacenamento: características e tipos.
- Dispositivos de memoria: características e tipos.
- Sistema operativo: elementos e estrutura. Clasificación, funcións e procesos do sistema operativo. Sistemas operativos actuais.
- Instalación e actualización de sistemas operativos e de aplicacións de software.
Bloque III. Software para sistemas informáticos
- Deseño e utilización de bases de datos sinxelas.
- Elaboración de documentos mediante procesadores de texto.
- Elaboración de presentacións.
- Presentación ao público: conexión a un proxector e configuración.
- Resolución de problemas mediante follas de cálculo.
- Deseño e edición de Imaxes en 2D e 3D.
- Creación de contidos audiovisuais. Elaboración de guións, captura de son e de imaxes, edición e montaxe.
- As redes de intercambio como fonte de recursos multimedia. Dereitos que amparan as producións alleas.
Bloque IV. Redes de computadores
- Configuración básica de redes locais: características, tipos, topoloxías e arquitecturas.
- Cables e conectores: características e tipoloxía. Normalización.
- Elementos das redes de datos: situación, dispositivos e adaptadores de interconexión de redes con fíos e sen eles; configuración básica destes.
- Despregamento de redes locais sen fíos: elementos, medios de transmisión, protocolos e recomendacións. Seguridade básica.
- Niveis do modelo OSI: funcións dos niveis, os protocolos e os dispositivos.
Bloque V. Programación
- Diagramas de fluxo: elementos e ferramentas; símbolos e o seu significado.
- Identificación dos elementos dun programa informático: estruturas e bloques fundamentais.
- Deseño de algoritmos utilizando diagramas de fluxo.
- Uso de estruturas de control: operadores, condicións, bloques e estruturas de repetición.
- Execución, proba, depuración e documentación de programas.
- Identificación dos elementos da sintaxe da linguaxe.
|
Bloque I. Programación
- Programación estruturada
- Programación Orientada a Obxectos Análise, desenvolvemento e proba de aplicacións
Bloque II. Difusión de contidos Linguaxes de marcaxe para a creación de documentos web.
- Accesibilidade e usabilidade en internet.
- Ferramentas de xestión de contidos da web 2.0. Características da web 2.0.
Bloque III. Seguridade
- Medidas físicas e lóxicas de seguridade en redes: devasas, copias de seguridade, sistemas de control de acceso, monitorización de sistemas e análise de logs.
- Uso básico dun contorno de desenvolvemento: edición de programas e xeración de executables.
|