Comezo de curso
O vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o curso escolar no IES de Curtis segundo o seguinte horario:
PROBAS EXTRAORDINARIAS E EXPOSICIÓN PROXECTO CS AUTOMOCIÓN
Do 2 ao 4 de setembro de 2024 levaranse a cabo os exames e presentación de proxectos do Ciclo Superior de Automoción.
Xúntase documento co detalle de datas e horas das probas.
Datas matrícula e libros curso 2024/25
Xúntanse os seguintes documentos:
- Datas preferentes e información correspondente á matrícula para o curso 2024/25 (o alumnado que saiba que pasa de curso xa pode presentar a documentación de solicitude de matrícula).
- Impresos solicitude matrícula e autorización uso da imaxe.
- Listaxe de libros de texto curso 2024/25
- Datos pago seguro escolar (indicar no concepto o nome, DNI e curso do alumno) (o alumnado que se matricula en 1º e 2º ESO non paga seguro escolar)
Matrícula 1º curso ciclos formativos
Fondo solidario libros texto 2024/25 e vales material
Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas. As listaxes poderán ser consultadas no taboleiro do IES ou na Aplicación fondo libros identificándose con Chave 365 ou usuario autorizado. O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto do 15 ao 17 de xullo en horario de 9:30 a 13:00 horas)
Máis información:
PAGAMENTO TAXAS TÍTULO CICLO MEDIO, CICLO SUPERIOR E BACHARELATO
Para solicitar o título de ciclo medio, bacharelato ou ciclo superior é preciso facer o pagamento da taxa correspondente. Xúntanse documentos de axuda para realizar o trámite. Para empregar unha titulación como acceso a estudos é preciso ter aboado as taxas.
Club de Ciencias
Continuamos coa revista Aldahir e o seu segundo número, onde recopilamos todo o feito durante este curso no Club de Ciencias:
Renovado o Convenio para impartir o Ciclo Superior Dual en Automoción
O IES de Curtis ofertará para o curso 2022/23 outro ano máis o Ciclo Superior en Automoción no seu formato dual.
Club de Ciencias
Queda á vosa disposición a revista que recopila todo o feito durante este curso no Club de Ciencias:
Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación
Poden consultarse no seguinte documento os criterios de promoción e titulación para o curso 2021/22.