Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO - DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO-

PROCESO DE BAREMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO QUE REALIZOU A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión no IES O Couto, e dependendo de se o número de solicitudes presentadas é, maior, menor ou igual ao número de vacantes ofertadas, infórmase da situación do proceso nos distintos niveis.

1º ESO: non é preciso baremar.

2º ESO: non é preciso baremar.

3º ESO: non é preciso baremar

4º ESO: non é preciso baremar - Unha única solicitude - Sen vacantes a día de hoxe.

1º BACH: É preciso baremar

2º BACH: non é preciso baremar - Unha única solicitude - Sen vacantes a día de hoxe.

En 1º de BACHARELATO, anúnciase a apertura do prazo para a presentación  de documentación xustificativa dos criterios alegados para o proceso de baremación:

- Prazo e lugar de presentación da documentación: do 26-3-2021 ao 12-4-2021 ambos inclusive na Secretaría do Centro.

- A documentación que se pode presentar figura nun documento adxunto. A presentación desta documentación ten carácter voluntario.

- A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

AdxuntoTamaño
Documentación para o BAREMO_2021.pdf121.81 KB


story | by Dr. Radut