DOUS ALUMNOS DO I.E.S. “O COUTO” DE OURENSE PREMIO EXTRAORDINARIO NA E.S.O.
DOUS ALUMNOS DO IES O COUTO PREMIO EXTRAORDINARIO NA ESO
Os alumnos de 1º de bacharelato do I.E.S. “O Couto” de Ourense, Miguel Franco Pérez e Nazaret Vázquez Vázquez, conseguiron o premio extraordinario ao rendemento académico na E.S.O. no curso 2014 – 2015 e recibiron de mans do Presidente de la Xunta, Núñez Feijóo, un diploma acreditativo.
Miguel Franco Pérez foi seleccionado para a obtención do premio extraordinario na fase nacional e Nazaret Vázquez Vázquez é a gañadora absoluta da fase autonómica na Olimpiada de Xeoloxía e participará en Jaca na fase nacional.
O I.E.S. “O Couto” felicita a estes alumnos polos premios acadados.
Noticia no Faro de Vigo: enlace