ALUMNOS DO IES O COUTO ACADAN O PRIMEIRO PREMIO DO CONSUMÓPOLIS 11
Un ano máis, os alumnos do IES O COUTO, acadan o primeiro premio autonómico do concurso Consumópolis 11 na categoría de 1º-2º da ESO, e foron seleccionados para participar na fase nacional do devandito concurso.
O equipo gañador está formado por cinco alumnos de 2º ESO A de Tecnoloxía Bilingüe, cuxo equipo chamouse "OS SOFTWARES" e o compoñen:
- RAQUEL FEIJÓO
- CARMEN GONZÁLEZ
- CARMEN TAÍN
- GUILLERMO BELLO
- ALICIA ANTAS
O día 17 de xunio, o equipo "OS SOFWARES" acudiu a Santiago para recibir o premio de máns da presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e a presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Usuarios e Consumidores da Coruña, Rosa Otero.
O concurso consta dunha fase online formativa, e unha segunda fase na que os alumnos tiveron que realizar un vídeo.
Vídeo do equipo "Los Softwares": Consumir non significa gastar: pode ser un modo de conservar.
https://www.youtube.com/watch?v=4UtK257ldvY