5 alumnos do IES O COUTO gañan o concurso nacional "Consumópolis"
O día 26 de novembro de 2014 un grupo de pais, alumnos e profesores viaxaron a Madrid para recibir de mans de Pilar Farja o primeiro premio nacional da novena edición do concurso Consumópolis.
Despois dunha curta viaxe en avión dende Vigo os alumnos gañadores, Alexandre Rodríguez, Marcos Vila, Guillermo Soto, David Feijóo e Martín Álvarez, acompañados dalgúns compañeiros de clase, de familiares e da profesora coordinadora do proxecto Francisca Vega, recolleron o galardón no ministerio de Sanidade da man de Pilar Farja.
Na entrada do Ministerio de Sanidade
|
De esquerda a dereita: Alex, David, Martin, Guillermo e Marcos. |
Os gañadores coa directora de AECOSAN Pilar Farja, a Directora do Instituto Galego de consumo e os familiares dos gañadores. |
Entrega dos diplomas: os alumnos, profesora coordinadora, representando o centro Rosa Díaz e autoridades. |