SAÍDA DOS ALUMNOS DE FRANCÉS AO AUDITORIO
'Les femmes savantes' para escolares no Auditorio Municipal de Ourense.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º BACH de Francés do IES O COUTO, realizarán unha saída o venres 23 de xaneiro para ver a obra de Molière "Les femmes savantes".
Inmersión lingüística en francés e achega a obra de Molière da man da obra 'Les femmes savantes' adaptada para escolares.
Teatro clásico e en francés adaptado para escolares. Esa é a proposta da concellería de Educación de Ourense coa programación da obra 'Les femmes savantes' no Auditorio Municipal de Ourense. Neste espectáculo, 90% en francés, La Bohème Théâtre representa o clásico de Molière no que se narra a historia de amor entre Clitandro e Enriqueta. Para casaren necesitan que a familia de Enriqueta dea o seu visto bo, pero tanto a súa nai como a súa irmá están interesadas en casala co señor Trisotin.
A oportunidade para que os escolares vexan 'Les femmes savantes' e descubran o final desta historia téñena o venres 23 de xaneiro. A obra está recomendada para aqueles alumnos que teñan certa base de idioma francés.