Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e pecharanse cárceres

Quérote+

Logo Querote

Os centros Quérote+, como seguramente xa sabedes, teñen entre os seus servizos o asesoramento on-line a través da web de Xuventude.net. Os mozos e as mozas, e as persoas vinculadas coa mocidade (familias, educadores/as, monitores/as, profesorado, etc.), poden formular as consultas que desexen a través desta vía e ter unha resposta en menos de 48 horas. O servizo garante a confidencialidade, o anonimato e por suposto é de balde.

A atención deste servizo está garantida por un equipo profesional formado en aspectos vinculados coa mocidade e as temáticas que se abordan (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia, uso das TICs e consumo de substancias). Isto implica que as persoas que empreguen ese servizo terán á súa disposición un equipo que informará e asesorará de forma profesional as consultas que reciba.