|
|
Escoitar, Aprender e Compartir
|
|
|
|
|
|
Pica na imaxe, para ver a súa actuación. Desprázate ao segundo 13:15.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Se tes matrícula no IES Chapela neste curso 2018/2019 nun ciclo medio e titulas en xuño 2019 podes participar, se así o queres, no programa Erasmus+ cunha estancia de 100 días (setembro-decembro 2019) nun país como Italia ou Portugal, por exemplo. Tes que facer a túa solicitude (prazo ata o 31 de xaneiro) cubrindo o formulario que atoparás na seguinte ligazón ao blogue Erasmus do IES Chapela: Adiante Chapela!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O pasado 22 de xaneiro a nosa alumna Ilidenys Rodríguez Ogando (4º ESO B), acompañada por varias compañeiras e compañeiros do instituto e polos profesores Manuel Villar e Dolores Tapia, participou cantando no programa Bamboleo da TVG. Este sábado 26 podes ver a súa actuación ás 22:00 na canle autonómica. Non cho perdas! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No pasado trimestre o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Dietética, no módulo de Educación sanitaria, comezou a facer unha análise dos hábitos de consumo durante a mañá dos compañeiros do IES. Para iso elaboraron unha enquisa que foi analizada polos compañeiros de 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitaria, no módulo de Validación e explotación de datos, cuns resultados que publicaremos en breve e que poderedes consultar premendo no seguinte enlace.
Tras observar e analizar as enquisas, e logo da constatación da información cos compañeiros da cafetería, o alumnado de Dietética púxose mans á obra e deseñaron a primeira intervención do Plan Proxecta: Sabes o que comes?
Con esta primeira actividade, dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, trataron de amosar o excesivo contido en azucre e graxa dos produtos que máis consumen durante o almorzo e na media mañá, aquí no instituto, e proporcionaron aos seus compañeiros información sobre outras opcións máis saudables para consumir.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|