Escoitar, Aprender e Compartir

8 de marzo de 2021 - O IES de Chapela pola Igualdade

Folga Alumnado - 8 de marzo de 2021

            Dirixímonos a vós para comunicarvos que o 8 de marzo está convocada por varias organización estudantís unha folga de alumnado que afecta a todos os cursos salvo a 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas e codelegados no IES Chapela en data de 4 de marzo, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase en reivindicación dos dereitos da muller.

            O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela o día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningún alumno ou alumna menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao Centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia.

            Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai/pai ou titor/a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora do grupo. 

Chapela, a 4 de marzo de 2021

 

A dirección

Admisión alumnado de novo ingreso no centro: ESO - BACH

Orde 18-12-20 Admisión alumnado

Orde 12-3-13 Admisión alumnado

Impreso admisión

 

VACANTES

 

Prazo: 1 ao 22 de marzo

Documentación:

Fotocopia do DNI ou folla de inscrición da alumna ou alumno no Libro de familia

Certificado de matrícula (con código XADE), no que conste o curso que estuda actualmente

Padrón familiar

 

Día de Rosalía

  

O IES de Chapela nos medios / Pantallas Acústicas Xa!

  

 TVG - 5-2-21                                                               Antena 3 - 5-2-21                                                       La Voz de Galicia - 4-2-21

TVG - 19-2-21

 

Galicia Confidencial

"O IES de Chapela ao carón da AP9" 25-2-21

 

Atlántico Diario

"Cuando el ruido es la banda sonora de todo un instituto."

 

La Voz de Galicia

"Profesores de Chapela, obrigados a dar clase con micrófono polo estrondo da AP9."

 

La Voz de Galicia

"O IES de Chapela declárase farto do ruído da AP9."

 

Cadena SER - VIGO

Radio Galega

Radio Redondela

Enlace á nova

 

Quen anda aí? - TVG 19-2-21 / O IES de Chapela reivindica a colocación de pantallas acústicas na AP9

Día de Rosalía

Entroido 2021

Chegou o Entroido 2021 ao IES de Chapela. Viña temeroso de non ser ben recibido. Non foi así. A nosa comunidade educativa foi capaz de elevarse por riba da pandemia grazas á felicidade das persoas que a forman. Alumnado, persoal non docente e profesorado, non renunciaron á alegría de existir, de reexistir e de resistir. Quizais o venres 12 regalámonos entre todas e todos o mellor momento dos últimos meses, e o pulo para chegar a un final de curso que comeza a albiscarse. A quen non lle sobe a adrenalina pensando nos chimpos que as máis pequenas e pequenos do centro deron con bravura na súa exhibición? Tampouco en modular se quedaron cortos. Con Óscar Ernesto Napoleón ao mando dos pratos, alumnado e profesorado bailaron ata que chegou a noite e o toque de queda. Mágoa non poder continuar.

Máis abaixo tedes vídeos dos mellores momentos do Entroido en diúrno. Os do alumnado de ESO poderá consultalo cada grupo no seu respectivo curso de Titoría da Aula Virtual. Tamén axuntamos unha pequena selección de fotos.

Grazas a Adrián por conducir a velada de xeito tan extraordinario, Gayoso xa ve perigar o seu posto no Luar. Grazas a Carlos e a Óscar por andar pendentes do son e da música mentres todo o mundo desfrutaba. Grazas a Diego e a Chus por inmortalizar os momentos con vídeos e fotos. Grazas ao profesorado e persoal non docente que soubo acompañar. Grazas ao alumnado por compartir e sacar o mellor de si nos momentos que atravesamos. Grazas a Olga por inventarse esta celebración tan necesaria. Grazas a todas.

 

  PRESENTACIÓN

 FOTOGRAFÍAS

 

 2º BACH A

 2º BACH B 

 2º APSD A

2º APSD B 

    2º EDIN

PROFESORADO 

 

Taller de relaxación - Farmacia - 1º e 2º ESO

A semana pasada levouse a cabo no IES de Chapela un taller de relaxación no que alumnado do Ciclo de Farmacia fixo de monitoras e monitores co alumnado de 1º e 2º ESO. Un excelente exemplo de colaboración entre a FP e a ESO do que o profesor Víctor Sixto nos manda estas fotos e un pequeno vídeo. Grazas.    

Móvete con APSD

 

 

O alumnado de APSD quere recordar que para despexar a mente hai que activar o corpo, e moverse un pouquiño entre clase e clase ten moitos beneficios, un deles é pasalo ben. Esperemos que vos guste e bailedes con nós!

Distribuir contido