Información Probas Libres

O día 1 de xuño comeza o proceso de probas libres no IES de Chapela. A xornada de acollemento é ás 9 horas. Dita xornada ten carácter obrigatorio, incluso para aquelas persoas que se matricularon para validar algún módulo. Unha vez que remate a xornada de acollemento comezan os exames seguindo os calendarios que xa se publicaron nesta páxina web, así como no taboleiro dedicado a probas libres, hai varias semanas.

Todo o alumnado esperará fóra do centro a que o profesorado o vaia buscar. Para poder entrar á presentación ou a calquera exame o alumnado ten que estar sempre identificado mediante o seu DNI (a imposibilidade de identificar a alguén será motivo de expulsión do proceso).

O cumprimento da normativa sanitaria vixente é obrigatorio en todo momento. Se non se cumpre algunha das normas establecidas a persoa en cuestión será, tamén, expulsada do proceso.