XXI Maratón das Letras Galegas - 2017

Volveu a nosa MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS, este ano na súa XXI edición,

e no Colexio de Laredo.

Axiña comezaron as carreiras dos máis novos.

 

Mozas e mozos dos colexios de Laredo, Igrexa e Angorén, non paraban de correr.

 

Mentres o alumnado do IES Chapela preparábase coa tradicional pintada de camisolas... e caras.

 

 Corredoras e corredores recibían por whatsapp as últimas indicacións do percorrido.

 

Vémonos no inferno!! 

 

Comezaban a quentar na saída. Vaia saída trouxeron este ano os coles! 

 

Gañar non gañaremos, mais sorrisos coma estes hai poucos na maratón! 

 

THIS IS AFOUTEZA, dixo Teresa, a profe de inglés. 

 

Unha exalumna do IES achegouse ao evento. 

 

Poño a Ángeles na costa, Isabel e Loli cos selos, Elena máis abaixo, Andrea coas fotos...

Carolina botaba fume para que todo o percorrido estivese ben controlado. 

 

Olga é "demasiao". Cunha pistola, tan alegre, e ao lado do alcalde de Redondela.

Esta moza en EE.UU. non ía saír de Guantánamo nuns cantos anos. 

 

Aquí todo o mundo bota unha man. Moitas grazas ás nais e pais! 

 

Preparados, listos... XA. 

 

Aí os van, os primeiros corredores. Peito lobo! 

 

Miña nai, vai costa! Para botar os fígados! 

 

Outro peito lobo! A estes rapaces había que sacarlles tarxeta marela! 

 

Ven que te marco, Nuria! 

 

Aldán e Pepe, dous clásicos da nosa carreira.

O xefe de equipo de dinamización, e un profe que leva toda a vida dando clase en galego. 

 

 Cong Xin segue a estela de Carla. China tamén corre polo galego!

 

O humor que non falte! Xente con tutú, outros en bicicleta...! 

 

Quen me manda a min meterme neste "fregao", pensaba Yoel mentres subía a costa. 

 

 Achegábamanos a meta. Raúl perseguido por Mateo.

 

 Ese Vítor! O autor do deseño da camisola da maratón e unha das fichaxes do EDLG deste curso.

Non te vaias nunca, Vítor!

 

Adri e Xavi, no último quilómetro! 

 

Outro peito lobo! Miña nai! Na próxima maratón en lugar de camisolas ofrecemos tatuaxes! 

 

Ollo a manobra de José para aforrar uns metros! Un crack o rapaz! 

 

A Santi vaille dar algo. Pantalóns longos, sudadeira ao pescozo... Moito peso, neno!

 

A ver esas mozas, últimos metros! 

 

 

A nosa profe Lorena, outra das grandes colaboradoras do EDLG do IES Chapela!

Quédate con nós Lorena! 

 

Esta rapazada está mallada! Xa non dá corrido! 

 

Un premio para Kevin. Xa costa chegar un só, como para ir tirando dunha compañeira. Bravo rapaz! 

 

Eu non sei como farían o resto do percorrido, pero aquí Alba e Fátima chegan lixeiras. 

 

Hai que preguntarlle a Marga que ía escoitando para subir este pedazo costa con ese sorriso. 

 

Ata a concelleira de cultura animouse a correr. 

 

María fixo de muller vasoira. Tou rebentada!! 

 

715, 914, 922, 733, 735, 737... Non me chega coas contas do instituto como para que me poñan a contar dorsais!

 

Obxectivo conseguido! 

 

O alumnado e profesorado de infantil coidou dos máis cativos e das máis cativas.

 

 As gañadoras.

1º Bárbara Fernández da Conceiçao / 2º Hannah Pazos Pérez / 3º Carla Cabaleiro Rodríguez

 

 As gañadoras.

1º Nerea López Rivera / 2º Paula Álvarez Ayude / 3º Sara Cabaleiro Rioseco

 

  Os gañadores.

1º Ismael Villar Villadangos / 2º Marcos Serrano Abaldes / 3º Mateo Vilas Casal

 

 Os gañadores.

1º David González Rodríguez / 2º Raúl Cameselle Rodríguez / 3º Iván Gómez Rodríguez

 

 Gañadores absolutos

Nerea López Rivera - Ismael Villar Villadangos

 

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES CHAPELA, CEIP LAREDO, CEIP IGREXA E CEIP ANGORÉN

ÁS NAIS E PAIS, AO ALUMNADO QUE CORREU E AO QUE AXUDOU NA ORGANIZACIÓN,

AO PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE,

ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS, ESPECIALMENTE A CAROLINA

Á POLICÍA MUNICIPAL, PROTECCIÓN CIVIL, AUTORIDADES MUNICIPAIS...

E A TODOS OS ORGANISMOS QUE COLABORARON NA ORGANIZACIÓN DA XXI MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS

 

AFOUTEZA DO IDIOMA

AVANTE COA LINGUA GALEGA