Skip to Content

Orientación

Departamento de orientación

Composición do Departamento de Orientación e programación didáctica

No curso 2022/23 o Departamento de Orientación do IES Chano Piñeiro está formado polo seguinte profesorado:

  • Lara Taboada Núñez (xefa do departamento)
  • Susana Morán Conde

 

Departamento de Orientación

Dende o Departamento de Orientación damos a benvida a todo alumnado do I.E.S. Non hai que esquecer que o instituto debe ser a túa segunda casa, así que debes coidalo, manténdoo limpo e coidando o material e o edificio. Hai que poñerse a traballar dende o primero dia, faino con interese e alegría e todo irá ben! Lembra que a Orientadora está a túa disposición para axudar en todas as dificultades que poidas encontrar.

Admisión en ciclos de Formación Profesional para o curso 2023/24

Toda a información sobre o procedemento de admisión en ciclos de FP para o vindeiro curso escolar está dispoñible no enderezo https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2023-2024.

Presentacións de orientación vocacional para familias de 3º e 4º da ESO

A presentación do Departamento de Orientación para familias con alumnado en 3º da Educación Secundaria Obrigatoria está dispoñible no enderezo https://view.genial.ly/5e81c4df3fea8d0db0dbb2ee/dossier-orientacion-3o-eso e a das familias con alumnado en 4º da ESO está publicada en https://view.genial.ly/6475adfb69a419001232fa38/dossier-orientacion-4o-eso.

Presentación con información sobre a ABAU e o acceso á universidade e ciclos de FP

A presentación que elaborou o Departamento de Orientación atópase dispoñible no enderezo https://prezi.com/view/TiokIAWPMHJer5NvHQyY/. Esta dividida en tres apartados principais: información sobre a ABAU, acceso á universidade e admisión a ciclos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut