1. No actual curso 24-25 o IES Chano Piñeiro é de liña 1 (6 unidades educativas), polo que procede adaptar a composición do consello escolar segundo o disposto no art. 43º do Decreto 324/96, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
2. Resulta de aplicación o punto 8º da Orde do 22 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración: "a composición dos consellos escolares nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades será a seguinte: a) O director, que será o seu presidente, b) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro, c) Dous profesores elixidos polo claustro. Un deles, designado polo director, actuará como secretario, con voz e voto no Consello Escolar, d) Un representante dos pais de alumnos, e) Un alumno.
3. Co fin de reestruturar a composición do consello escolar de conformidade coa normativa vixente, a disposición transitoria cuarta do Decreto 324/96 establece que "continuarán no Consello Escolar os profesores e profesoras e alumnos e alumnas que manteñan a súa vinculación ó centro nos próximos dous anos; no seu defecto os que soamente a prolonguen un curso. De seren varios os profesores ou alumnos que reúnen estas condicións valoraranse como criterios para permanecer no Consello Escolar: a) Maior número de votos alcanzado no último proceso electoral, b) Maior antigüidade no centro, e c) Maior idade". No sector pais/nais haberá que aterse inicialmente á voluntariedade, e se esta non se producise, continuarán formando parte do consello os que despois vaian deixar de formar parte da comunidade educativa, tendo en conta o curso escolar dos seus fillos.
4.- En consecuencia, na adaptación da dimensión do Consello Escolar á representación que nos corresponde non é preciso renovar ningún cargo co cal se suspende o proceso de eleccións para ocupar novos postos.