ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE RESPONSABLES (NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS) AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.,SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes ormas:
1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día de hoxe está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 8 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do IES. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 30 de outubro até as 14'00 horas do citado día 8 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 12 de novembro, ás 12:20 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 9 ao 17 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. O día 18 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores/as.
7.- As votacións realizaranse neste IES, na biblioteca, o día 19 de novembro, de 14:14 a 15:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 14:00. horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 18/09/2024), pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 alumnos/as, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros (2) representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022.
2.- Todos os alumnos e alumnas de educación secundaria matriculados no centro son electores e todos poderán ser elixidos membros do Consello Escolar, coas atribucións que lles corresponden aos seus membros.
3.- Son elixibles os alumnos e alumnas que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Instituto. As candidaturas poderán ser presentadas até as 14'00 horas do día 8 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os que non se presenten como candidatos/as, o día 12 de novembro, ás 12:20 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e dous alumnos ou alumnas por sorteo, actuando de secretario/a o de menor idade. A Xunta Electoral deberá prever o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.
5.- O voto será directo, secreto e indelegable. Cada elector/a fará constar na súa papeleta o nome das listas de candidaturas.
6.- As votacións realizaranse neste IES o día 19 de novembro, de 10:40 a 11:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 10:35 horas.
7.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
8.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Forcarei, 29 de outubro de 2024
O presidente da Xunta Electoral
Xoán Carlos Garrido Couceiro