Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar: CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

    De conformidade co establecido na  Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
    - O Director do Centro.
    - Un profesor ou profesora.
    - Un pai ou nai ou titor legal.
    - Un alumno ou alumna.
    - Un representante do persoal de administración e servizos
    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo Venres 18 outubro de 2024 ás 10:25 en Dirección.
    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
     
Forcarei, 17 de outubro de 2024
    
       O DIRECTOR DO CENTRO,

    Asdo.: Xoán Carlos Garrido Couceiro



story | by Dr. Radut