Skip to Content

Solicitude de reserva de praza do 15/01 ao 05/02

Dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro está aberto o prazo de solicitude de reserva para

cursar 1º de ESO no IES Chano Piñeiro no curso 2024-25.

Dita solicitude terá que facela única e exclusivamente aquel alumnado que estea a cursar 6º de Primaria en calquera dos tres centros adscritos ao noso instituto. A presentación de solicitudes farase ou ben no centro de Primaria de orixe ou ben a través da aplicación admisionalumnado presentando o formulario ED55A (anexo I)

 

A publicación da listaxe do alumnado con posto reservado publicarase o 22 de febreiro.


Normativa reguladora do procedemento:

Orde 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro.



story | by Dr. Radut