O mércores 4 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), dentro do Proxecto Ríos. Acompañáronnos os profesores de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.
Realizamos unha primeira inspección de outono dun tramo do río Lérez, onde puidemos observar a presenza de flora de ribeira, macroinvertebrados e anfibios. Tamén fixemos unha medición da temperatura e dos parámetros fisicoquímicos da auga. Finalmente, coa presenza de varias especies de bioindicadores, concluímos que o río presenta un estado de saúde bo. Isto implica un lixeiro deterioro respecto dos últimos anos, nos que era moi bo. Ademais tamén observamos varias árbores (carballos e ameneiros) secas. Agardaremos ao estudo de primavera para ver como evoluciona.