Skip to Content

Proxecto Ríos – 1º de ESO

O xoves 6 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), dentro do Proxecto Ríos. Acompañáronnos os profesores de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.

Realizamos unha primeira inspección de outono dun tramo do río Lérez, onde puidemos observar a presenza de flora de ribeira, macroinvertebrados e anfibios. Tamén fixemos unha medición da temperatura e dos parámetros fisicoquímicos da auga. Finalmente, coa a presenza de varias especies de bioindicadores, concluímos que o río presenta un estado de saúde moi bo!



story | by Dr. Radut