Xoves 8 setembro, tal como está establecido no calendario escolar, comeza o curso en Educación Secundaria e Bacharelato, que no noso centro será no seu horario habitual a partir das 8:45 h., co remate das aulas ás 14:15 h.
Haberá servizo de comedor e transporte tamén con normalidade. Farase o reparto de libros a aqueles que lle corresponde polo Fondo Solidario. Lembrando que se ben se derrogaron a maioría das medidas preventivas do COVID, aínda é de cumprimento as normas xerais establecidas para o transporte público que obriga ao uso da máscara nos autobuses.
Saúdos e saúde a toda a comunidade educativa neste novo curso que temos por diante.